Taboleiro

Solicitude matrícula ESO e BACHARELATOS 2018/2019

Para ver o impreso preme no curso correspondente.                        

1º ESO         

2º ESO           

3º ESO             

4º ESO           

1º BACHARELATO           

2º BACHARELATO

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

CALENDARIO EXAMES 2º BACH 2017/2018

3ª Avaliación ESO E BACH 17-18

Actividades programadas para o mes de Maio

Día 8 de Maio: Os alumnos de 2º ESO participarán na actividade "Iniciación á vela" no encoro das Forcadas  con saída ás 9.10 e regreso ás 14.00 horas

Día 9 de maio: Conmemoración do Día de Europsa con exposicións no hall da entrada

Día 10 de maio: Os alumnos de 1º da ESO participarán na actividade de "Iniciación á vela" con saída ás 9.10 e regreso as 14.00 horas

Día 14 de maio: Os alumnos 4º da ESO e 1º BAC participarán na actividade "Iniciación ó surf" con saída ás 9.10 e regreso ás 13.30 horas

Día 15 de maio: Os alumnos de 3º ESO participarán na actividade "Iniciación  ó surf" con saída ás 9.10 e regreso ás 13.30 horas

Día 16 de Maio: Conmemoración do Día das Letras Galegas :actividade no hall de entrada no 2º recreo

Día 18 de Maio: Os alumnos de 2º e 3º ESO participarán  a unha charla sobre o consumo de tabaco dentro da conmemoración do "Día sen tabaco", co seguinte horario:

2º ESO: 10 - 11 horas
3º ESO: 11 - 12 horas

Día 31 de Maio: Charla do biólogo Xurxo Mariño  para os alumnos de 3º de ESO e 4º ESO co seguinte horario:

3º ESO: 11.30 - 12.30
4º ESO: 12.30 - 13.50

OFERTA CURSO AFD (DESEMPREGADOS) 2018

DATAS DOS EXAMES DAS MATERIAS PENDENTES – CURSO 2017/18

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2018

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do día 7 ao 9 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Máis información

Probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018

Convocadas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018 

 

Habilitacións profesionais que se convocan

  • Operador/a industrial de caldeiras
  • Instalador/a de gas, categoría A
  • Instalador/a de gas, categoría B
  • Instalador/a de gas, categoría C
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
  • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
Distribuir contido