Taboleiro

Entrega Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

    

O luns 21 de decembro os alumnos participantes do Proxecto Hiperbárico "Discalzos Racing Team", fixeron a entrega da Caixa Hiperbárica á gañadora do Sorteo Hiperbárico: Eva Durán Bereijo co número 284.

Parabéns e a desfrutar do premio.

O equipo Discalzos Racing Team e o Profesorado do I.E.S. Punta Candieira quere agradecer a ampla e xenerosa colaboración, de todos aqueles que participaron tanto na elaboración da caixa como na compra de boletos e difusión do sorteo.

Sorteo Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

 

Con motivo do Sorteo da Caixa Hiperbárica, o número premiado foi o

284

Parabéns a/o afortunada/o do Sorteo. Temos todo xa preparado para que se leve o seu premio á casa (se quere).

O luns 21 de decembro do 2020 pola mañá se fará a entrega.

 

 

Pd: Pregamos ó/á ganador/a que veña cunha máscara máis...     imos botar moito a faltar o xamón.

Hiperbaric Challenge

 

 

Hoxe recibimos unha mensaxe da organización do Hiperbaric Challenge, e a partir de mañá estará dispoñible do kit coa carrocería para empezar a construir o noso coche de inercia...xa estamos en marcha...esta mañá organizamos a recollida do material e en canto chegue subiremos fotografías, e así vos manteremos informados, pero lembrade, pedímosvos difusión do noso proxecto...que non se diga que non sabemos apoiar ao noso alumnado!!!!!

# lovamosapetar

 

 

TORNEO DE FÚTBOL SALA

Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso.

Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro.

Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo.

Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos.

Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.

 

Discalzos Racing Team!!!! ·# lovamosapetar

Acábanos de chegar a confirmación oficial, o noso plan de viabilidade pasa con nota a primeira fase de selección de proxectos...nuns días recibiremos o kit Hiperbárico e empezaremos a construír o noso vehículo de inercia.
Discalzos Racing Team!!!! ·# lovamosapetar

 

DATAS DOS EXAMES DAS MATERIAS PENDENTES – CURSO 2018/19

Actividades extraescolares 2º trimestre curso 18/19

Actividades previstas para os meses de xaneiro e febreiro:

Martes 22 de Xaneiro: Os alumnos1º e 2º BAC participarán o  na actividade: "Cirimonia das 6 velas" con Enrique Barrera desde as 11 horas ata as 13 horas

Xoves 24 de Xaneiro: Os alumnos de Francés de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC asistirán a unha obra de teatro en Ferrol

Xoves 24 de Xaneiro: Os alumnos de 3º ESO participarán nunha charla coa escritora   Mónica Rodríguez, autora da obra "Biografía de un cuerpo" de 9.30 a 10.30 horas

Venres 25 de Xaneiro: Os alumnos de 1º e 2º ESO participarán nunha xornada de patinaxe na Coruña 

Mércores 30 de Xaneiro: Commemoración "Día da Paz", realizaremos un acto no 2º recreo no patio do Centro

Luns 11, xoves 14 e Martes 19 de Febreiro: Os alumnos de 3º e 4º ESO participarán nun obradoiro dentro do Programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero dacordo co horario que figura na sala de profesores.

Mércores 20 de Febreiro: Charla coa escritora  Eva Mejuto para o alumnado de 3º ESO e 2º BAC de 12.15  a 13.45 horas

Xoves 21 de Febreiro: Os alumnos de Ciclos Formativos visitarán dúas empresas en Somozas de 8.30 a 14 horas

Venres 22 de Febreiro os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC participarán nun taller de batería no Auditorio de 10.15 a.11.30 horas 

NOTA IMPORTANTE CURSO 2018/2019

NOTA IMPORTANTE PARA ALUMNADO QUE SOLICITA BECA MEC CURSO 2018/2019

AL HACER LA SOLICITUD NO APARECE COMO LOCALIDAD CEDEIRA, HAY QUE BUSCAR COMO LOCALIDAD ACEA

Listaxes provisionais de solicitantes de ciclos 2018/2019

Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas

 

https://youtu.be/TOhaTSSbda8   - Vídeo xeral dos módulos
 
https://youtu.be/s3RdWjNXeBM   - Instalacións Interiores
 
https://youtu.be/ZBuQSsuqfm4     - Distribución e Automatismos
 
https://youtu.be/qkPDC7AkYJo     - Domótica
 
https://youtu.be/k0jzylAnB0o        -  Maqueta Interiores (reducido)
Distribuir contido