Plan Proxecta: Programa Naturézate 2019

PLAN PROXECTA: PROGRAMA NATURÉZATE


Outro ano máis o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato do IES San Rosendo participou dentro do Plan Proxecta no seu programa Naturézate.

 

Na actividade "Voando no inverno", o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía realizou un roteiro ornitolóxico pola costa de Ribadeo (ZEC As Catedrais) e a Ría de Ribadeo (ZEC Río Eo, humidal protexido e zona RAMSAR).

 

Con binoculares, telescopios terrestres e guías de campo, durante a mañá e parte da tarde os rapaces e rapazas lograron observar bos números de anátidas (patos rabudos, asubiadores, cercetas…) aínda que lonxe das cifras de décadas pasadas.


Outras aves, pola contra, tórnanse cada vez máis numerosas no esteiro. Así, puidemos gozar da presenza dos cullereiros, aguias peixeiras, mergullóns de pescozo negro e una boa variedade de limícolas.

O alumnado deseñou una ficha de rexistro para a recollida de información sobre os avistamentos, así coma un folleto informativo antes do roteiro para coñecer as principais especies.

 

Os estudantes enviaron os datos dos seus avistamentos a través da plataforma internacional eBird.