OPERACIÓN KILO 2024

                                                                                                                                               

Resultado de imaxes para Banco de alimentosOPERACIÓN KILO 2024   (Recollida de alimentos)

 

Coma todos os anos desde o Departamento de Relixión estamos a xuntar produtos non perecederos para donar ao Banco de alimentos de A Mariña (botes de legumes, latas de conservas, material de hixiene, galletas, leite,..). A caixa está na entrada do Instituto.

Recollemos os alimentos ata o 15 de abril.

Confiamos na vosa xenerosidade e superar os 30 quilos do ano pasado.

Grazas a todxs!!!.

 

 

Un pouco fai moito, colabora!!!!!!!

 

Obradoiro de ramos de noiva

Coincidindo co día da Muller, o alumnado de 2º FPB recibiu unha masterclass de ramos de noiva a cargo de Floradeira.

Noraboa polo traballo!

 
 
 
 

 

 

Acreditación de competencias dixitais do alumnado

Informamos que o alumnado de 4º ESO e de 2º BAC poderá acreditar a súa competencia dixital nun nivel intermedio segundo o Marco Galego de Competencias Dixitais (MGCD) realizando unha proba no propio centro educativo, conforme a Resolución do 28 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que se adxunta.

Na páxina

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

pode accederse a unha demo de como serían as probas de certificación dixital do alumnado.

O alumnado de 4º ESO faría unha proba completa do nivel intermedio no mes de maio nunha data por determinar, mentres que o alumnado de 2º BAC só faría a parte correspondente á área 4 (Seguridade e Privacidade) nunha proba no mes de abril nunha data por determinar.

O alumnado interesado deberá entregar na oficina de Administración do centro o anexo IV da resolución debidamente cuberto.

Prazo: ata o 15 de marzo.

Proxecto CANSAT

Durante este curso decidimos participar no concurso do lanzamendo dun cansat organizado polo grupo ESERO España. Aquí en Galicia estamos asesorados polo equipo do CAFI que nos van dando os pasos.

Trátase de lanzar un satélite do tamaño da lata dun refresco e nel deben ir diferentes sensores que cubran a misión primaria e idear una misión secundaria do satélite. Participamos un grupo de 6 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e ocupámonos da programación dos sensores e receptores pero tamén de deseñar e coser un paracaídas para recuperar san e salvo o satélite e difundir a través de podcast todo o traballo así como buscar financión privada dado que non nos proporcionan financiación e é algo que tamén teñen en conta á hora de puntuar.

Aquí estamos o equipo ao completo no noso espacio de polos creativos donde levamos a cabo case todas as misións.

 

Máis información

Decoración Campeonato de Baristas - Foz 2024

O noso alumnado de 2º FPB colaborou no Campionato de Baristas do IES de Foz decorando as mesas do certame.

Baixo as directrices da súa profesora Pilar Gutiérrez elaboraron as creacións tan elaboradas que podedes ver aquí nesta galería.

 

 

Charla deportados

Hoxe tivo lugar no salón de actos do centro unha charla impartida polos investigadores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) Paulo Grandío e Miguel Freire sobre o Proxecto “Stolen Memory” (Memoria Roubada), patrocinado  polos “Arquivos  Arolsen”, que comezou a súa andaina no 2023 por iniciativa de profesorado e alumnado do IES Galileo Galilei de Navia, no occidente de Asturias, e que, dende o luns 19 de febreiro está exposto en paneis nos corredores do centro.

A charla versou sobre o obxecto desta exposición, que de trata de divulgar a busca de familiares de deportados nos campos de concentración nazis  para a devolución dos obxectos persoais que lles foran incautados nos mesmos. Fíxose mención da investigación levada a cabo pola  ARMH de Lugo  para recuperar a memoria dos 39 deportados da provincia de Lugo, dos cales, os 4 da comarca da Mariña están incorporados coas súa reseñas na exposición xunto cos cinco deportados Eo-Naviegos. Como remate, Paulo Grandío expuxo o proceso, tanto  de investigación para a busca de información, como para a localización de familiares dos deportados, co obxectivo de facelos partícipes da xusta dignificación que merecen estas vítimas da barbarie nazi.

 

Gañadora do concurso "O Peixe é Saúde"

 

A nosa noraboa á excelente debuxante de 4º ESO,

Xulia Vigo Vázquez

gañadora do primeiro premio no Concurso de Debuxo "O Peixe é Saúde", convocado polo xornal El Progreso e a Consellería do Mar.

Excursión á neve

O alumnado de 3º ESO disfruta esta semana dunha actividade de introdución ao esquí en Andorra. Agardamos que aprendan moito e, sobre todo, sexa unha bonita experiencia para o recordo.

 

Ver fotos

Distribuir contido