MATERIAL CEDIDO POLA DEPUTACIÓN PARA CONTINUAR CO PROXECTO REBINXE

 

 

Neste curso seguimos adiante coas investigacións sobre a biodiversidade na contorna da serra do Xistral a través do proxecto Rebinxe. Para iso, a Deputación de Lugo cedeunos 10 cámaras de fototrampeo que permitirán continuar e ampliar os traballos de seguimento de fauna realizados polo alumnado.

Dentro de Rebinxe hai abertas 3 liñas de traballo diferentes:

- Proxecto Cadullos (dende o 2017-2018)): Invesigación e fomento da presencia da fauna controladora de pragas fronte ao uso de biocidas nas explotacións agrícolas.

- O da la miúda (dende 2018- 2019): Estudo da distribución, fenoloxía e etoloxía do lobo na contorna do centro. Proposta de medidas preventivas e solucións para diminuír os ataques e reducir a conflitividade entre gandeiros/as e o animal.

- A compañía do da la miúda (dende 2019-2020): Organizado dentro do Club de Ciencia, o alumnado de 1º e 2º da ESO estuda a fauna silvestre da serra do Xistral e arredores, así como os principais ecosistemas que a sustentan.