Visita ao Courel

Os días 24 e 25 de outubro o alumnado do CS de Xestión Forestal e do Medio Natural tiveron ocasión de visitar o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra - Xeoparque Montañas do Courel, acompañados polos profesores Alba Vázquez e Miguel Freire.

 

No centro de interpretación fixéronlles unha introdución dos valores naturais do parque e a súa xestión. Seguindo varios roteiros descubriron a Aciñeira Centenaria inscrita no Catálogo de Árbores Senlleiras, e tamén o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós declarado Monumento Natural. Deu tempo tamén a visitar plantacións de oliveiras e as instalacións da empresa Aceiroga, dedicada á produción de aceite dentro do Parque. Ao día seguinte realizaron un roteiro por unha zona asolada por incendios forestais, oíndo a testemuña directa da veciñanza que participou na defensa das aldeas e a extincion do lume e visualizando os efectos dos métodos utilizados para a protección do solo e a recuperación da vexetación ao longo dun ano.