Obxectivos, criterios e secuenciación

1. OBXECTIVOS DA MATERIA PARA 1º ESO

  1. Ler e comprender textos de distinto tipo (cartas, noticias, instruccións…), sendo capaces de resumilos, recoñecer as súas características máis destacadas e reproducilas na elaboración de textos persoais da mesma tipoloxía.
  2. Ler expresivamente e interpretar textos literarios de distintos xéneros e culturas, recoñecendo as súas características formais e substanciais, sendo capaces de analizalas e reproducilas, e valorando o achegamento á lectura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal.
  3. Coñecer a existencia de diversas fontes de información (biblioteca, medios de comunicación…) e as súas características máis destacadas, sendo capaces de buscar nelas datos sinxelos, interpretalos e reproducilos oralmente ou por escrito, así como de empezar a empregalas de xeito autónomo e responsable.
  4. Utlizar a lingua para a regulación da propia conducta e para a expresión de sentimentos, opinións e ideas de xeito coherente e adecuado ó contexto comunicativo, respectando as normas que rexen tales intercambios.
  5. Recoñecer os elementos que interveñen na comunicación, así como as súas funcións, sendo conscientes da súa importancia e das súas diferencias de emprego na lingua oral e escrita.
  6. Coñecer a realidade plurilingüe de España e as variedades do castelán, valorándoas como unha manifestación da riqueza cultural, sendo capaces de respectalas e empregalas segundo o contexto comunicativo, e desbotando os estereotipos lingüísticos que supoñen xuízos de valor e prexuízos de calquera tipo.
  7. Participar en debates con respecto ás convencións e ás normas que rexen este tipo de actos comunicativos.
  8. Identificar e clasificar as categorías gramaticais, observando o seu emprego adecuado na construcción de oracións coherentes e cohesionadas.
  9. Recoñecer e analizar minimamente a estructura da cláusula simple e as súas modalidades.
  10. Recoñecer a estructura morfolóxica das palabras, sendo capaces de crear familias léxicas; os procedementos de formación das mesmas (composición e derivación), así como as relacións significativas que entre elas se poden establecer (monosemia, polisemia, antonimia e sinonimia).
  11. Empregar habitualmente o diccionario para ampliar o vocabulario, aproveitando a variedade de información que ofrece no seu uso académico e persoal.
  12. Aplicar correctamente as normas de ortografía que se estudan, valorando o seu emprego adecuado como fundamental para a construcción correcta de mensaxes.
  13. Participar e cooperar en actividades individuais e de grupo respectando as pautas sinaladas.

 

1.1. CONTIDOS    

Primeira avaliación 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • Os elementos da comunicación. A linguaxe verbal e non verbal; a comunicación oral e escrita: características.
  • Estruturas textuais: a narración (estructura e elementos narrativos), o diálogo (o diálogo narrativo) e a descrición (fases e recursos; o retrato). A carta.
  • Técnicas de traballo: o resumo. O orde alfabético e o uso do dicionario. O dicionario enciclopédico.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A realidade plurilingüe de España. As variedades xeográficas, sociais e estilísticas da lingua.
  • A sílaba. As regras de acentuación. O til diacrítico. Ditongos, tritongos e hiatos. Os signos de puntuación: punto, dous puntos, os puntos suspensivos, coma, signos de  interrogación e  admiración.  O uso das maiúsculas.
  • Palabras variables e invariables. As categorías gramaticais: substantivo e adxectivo.
  • Os procedementos de formación de palabras: composición, derivación e acronimia.

III. LITERATURA

  • A comunicación literaria. Os xéneros literarios.
  • O xénero narrativo e as súas características.
  • Os mitos e lendas. O conto popular e literario. A novela.

 

Segunda avaliación 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • Tipos de textos: a exposición e as súas clases. Notas e avisos.
  • Técnicas de traballo: a estructura do libro e a biblioteca.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • As categorías gramaticais: os determinantes, os pronomes, o verbo e a súa conxugación.
  • A clasificación das palabras e a súa estructura (lexemas e morfemas). Palabras primitivas e deviradas. Procedementos de formación de palabras: derivación e composición.
  • As familias léxicas.
  • A ortografía do b/v, h, r/rr, x/s, c/z, c/qu/k.

III. LITERATURA

  • O xénero lírico e as súas características.
  • As figuras literarias máis sinxelas.

 

Terceira avaliación 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • O texto periodístico: estructura do periódico. A noticia.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • As categorías gramaticais: adverbio, preposición e conxunción. Repaso das restantes categorías.
  • A cláusula simple: estructura e modalidades. Suxeito, predicado nominal e verbal.
  • As relacións significativas: monosemia, polisemia, sinonimia e antonimia.
  • A ortografía do ll/y, g, j.

III. LITERATURA

  • O xénero teatral e as súas características.

 

1.2. CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN

  1. Comprender a idea xeral e a intención comunicativa en textos orais e escritos sinxelos dos ámbitos social e académico, sendo capaz de indicar o tema e as partes e resumindo os mesmos.
  2. Seguir instrucións pouco complexas para realizar tarefas de aprendizaxe.
  3. Recoñecer os distintos tipos de estruturas textuais (narrativas, descritivas, dialogadas, expositivas e periodísticas) e os seus elementos, sendo capaz de elaborar e analizar textos que os presenten, así como de aplicar de xeito práctico os conceptos estudados.
  4. Narrar, expoñer e resumir, en soporte papel ou dixital, cunha organización clara e un rexistro adecuado, aplicando a planificación e revisión de textos, e respectando as normas gramaticais e ortográficas.
  5. Expoñer oralmente un tema, previamente preparado, de modo ordenado, coherente e adecuado ó auditorio, integrando linguaxe verbal e non verbal.
  6. Expoñer unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra literaria axeitada á idade do alumnado; recoñecer os trazos globais do xénero e diferenciar de forma sinxela o contido literal e o sentido da obra, establecendo relacións coa súa experiencia.
  7. Identificar en distintos tipos de textos orais e escritos toda aquela representación ou expresión que denote algunha forma de discriminación social, racial, sexual, etc.
  8. Aplicar os coñecementos literarios na comprensión e valoración de fragmentos, atendendo ó xénero, ós temas e motivos da tradición, así como ós recursos rítmicos e semánticos básicos.
  9. Compoñer textos, en soporte papel ou dixital, tomando como modelo un texto literario lido e comentado na aula ou realizar algunha transformación sinxela neses textos.
  10. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para solucionar problemas de comprensión de textos orais e escritos e para a composición e revisión dirixida dos textos propios deste curso.
  11. Identificar e analizar as diversas categorías gramaticais e as funcións que estas desempeñan nas cláusulas simples.
  12. Coñecer unha terminoloxía lingüística baseada en actividades de reflexión sobre o uso.
  13. Usar o dicionario para ampliar o vocabulario propio.

Para levar a cabo a avaliación do alumnado, teranse en conta os criterios de avaliación establecidos para cada nivel e estableceranse uns contidos mínimos esixibles en cada curso. Estes serán o referente para a promoción ou titulación, de ser o caso, dun curso para o outro.

 

1.3. CONTIDOS MÍNIMOS PARA 1º ESO

-         

LER, FALAR E ESCRIBIR:

  • Consecución dunha expresión oral e escrita sinxela pero clara e ordenada, evitando as palabras baleiras, as repeticións innecesarias, utilizando os signos de puntuación e adecuándose á situación de comunicación.
  • Elaboración de resumos que se propoñan ao longo do curso.
  • Diferenciación das ideas principais dun texto oral ou escrito, emitindo unha opinión coherente e crítica acerca del.
  • Recoñecemento e produción de diferentes tipos de textos do seu nivel escolar (noticias, cartas, textos narrativos, descritivos, dialogados e expositivos).

-         

ESTUDO DA LINGUA:

  • Dominio das normas de acentuación.
  • Uso correcto das maiúsculas, as grafías e os signos de puntuación.
  • Coñecemento da realidade plurilingüe de España e as variedades lingüísticas do castelán.
  • Recoñecemento, no seu aspecto máis básico, da estructura da cláusula simple e das súas modalidades.
  • Identificación das categorías gramaticais e análise dos seus trazos formais; coñecemento da conxugación  (mínimo tempos simples de indicativo).
  • Coñecemento e uso con propiedade dun vocabulario adecuado ó seu nivel escolar, ampliándoo por medio da utilización correcta do dicionario.

-         

LITERATURA:

  • Identificación e recoñecemento dos xéneros literarios nas súas manifestacións máis sinxelas.
  • Coñecemento de maneira simple pero clara dos principais elementos e recursos da lingua literaria.
  • Lectura, estudo e valoración crítica, de forma sinxela pero rigurosa, dunha obra completa ou dunha selección de textos de cada unha das formas literarias programadas.

 

 

2. OBXECTIVOS DA MATERIA PARA 2º ESO

  1. Ler e comprender textos de distinto tipo (periodísticos, explicativos, narrativos, instructivos…), sendo capaces de resumilos, recoñecer as súas características máis destacadas e reproducilas na elaboración de textos persoais da mesma tipoloxía.
  2. Comprender e elaborar textos de carácter académico tendo en conta as súas características e finalidades.
  3. Participar en debates con respecto ás convencións e ás normas que rexen este tipo de actos comunicativos.
  4. Expresar opinións razoadas a propósito de comunicacións orais e escritas propias da vida escolar e social (debates, coloquios, etc.), empregando para iso os mecanimos propios da linguaxe verbal e non verbal.
  5. Ler expresivamente e interpretar textos literarios de distintos xéneros e culturas, recoñecendo as súas características formais e substanciais, sendo capaces de analizalas e reproducilas, adoptando posturas críticas con respecto ó seu contido e valorando o achegamento á lectura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal.
  6. Coñecer a existencia de diversas fontes de información (biblioteca, medios de comunicación…) e as súas características máis destacadas, sendo capaces de buscar nelas datos sinxelos, interpretalos e reproducilos oralmente ou por escrito, así como de empezar a empregalas de xeito autónomo e responsable.
  7. Utlizar a lingua para a regulación da propia conducta e para a expresión de sentimentos, opinións e ideas de xeito coherente e adecuado á situación e ó contexto comunicativo, respectando as normas que rexen tales intercambios.
  8. Recoñecer os elementos que interveñen na comunicación, así como as súas funcións, sendo conscientes da súa importancia e das súas diferencias de emprego na lingua oral e escrita.
  9. Coñecer e valorar a realidade plurilingüe do mundo, incidindo nos seus espacios máis próximos: Galicia, Península Ibérica e Europa, superando estereotipos sociolingüísticos e reflexionando sobre os problemas que xorden entre as linguas en contacto.
  10. Identificar e clasificar as categorías gramaticais, observando o seu emprego adecuado na construcción de cláusulas coherentes e cohesionadas.
  11. Recoñecer e analizar a estructura da cláusula simple, así como as súas modalidades, tipos de predicado e os seus complementos.
  12. Recoñecer os procedementos de creación e ampliación do vocabulario (neoloxismos, tecnicismos, préstamos), así como os que provocan cambios semánticos (tabú, eufemismo, metáfora).
  13. Identificar as relacións significativas que entre as palabras se poden establecer (hiperonimia, polisemia, homonimia, antonimia e sinonimia) e crear campos semánticos e familias léxicas.
  14. Empregar habitualmente o dicionario para ampliar o vocabulario, aproveitando a variedade de información que ofrece no seu uso académico e persoal.
  15. Aplicar correctamente as normas de ortografía que se estudan, valorando o seu emprego adecuado como fundamental para a construcción correcta de mensaxes.
  16. Participar e cooperar en actividades individuais e de grupo respectando as pautas sinaladas.

 

2.1. CONTIDOS     

Primeira avaliación

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • A linguaxe oral e escrita. As variedades estilísticas e sociais da lingua.
  • Tipos de textos. As modalidades textuais. A noticia.
  • Técnicas de traballo: o subliñado e o resumo. O dicionario e os seus tipos.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A ortografía: regras de acentuación. Acentuación de ditongos, tritongos e hiatos. O til diacrítico.
  • As categorías gramaticais: substantivos, adxectivos, determinantes e pronomes. Repaso da conxugación verbal.
  • As relacións significativas: sinonimia, antonimia, polisemia, hiperonimia. O campo semántico.

III. LITERATURA

  • A comunicación literaria: características. Os xéneros literarios.
  • A lírica: medida e rima; a estrofa e o poema. Os principais recursos literarios.

 

Segunda avaliación 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • Tipos de textos. O texto narrativo e o dialogal; a descripción e os seus recursos.
  • Técnicas de traballo: a busca de información nas fontes de documentación.
  • Técnicas de traballo: puntuación do diálogo.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A maiúscula e a ortografía das letras.
  • Os signos de puntuación: punto, dous puntos, os puntos suspensivos, coma, signos de  interrogación e  admiración, comiñas, raia e paréntese. 
  • As categorías gramaticais: verbo, flexión e conxugación; regularidade e irregularidade; a voz. A concordancia clausal. O adverbio e as locucións adverbiais. A interxección. Repaso de preposicións, locucións prepositivas e conxuncións.
  • Léxico: ampliación (neoloxismos, tecnicismos, préstamos). Denotación e connotación.

III. LITERATURA

  • Teatro: subxéneros e características.
  • A narrativa: subxéneros. As características estructurais e técnicas narrativas. O diálogo narrativo.

  

Terceira avaliación 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • Tipos de textos: exposición e argumentación (repaso).
  • A definición.
  • Técnicas de traballo: a presentación de traballos.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A ortografía das letras.
  • As categorías gramaticais: repaso.
  • A frase e os seus tipos. A cláusula simple e as súas funcións: suxeito, predicado, atributo, CD, CI, CC e CAg.
  • A cláusula simple: clasificación segundo a modalidade, estructura e natureza do predicado.
  • Léxico: o cambio semántico (tabú, eufemismo, metáfora).

III. LITERATURA

  • A narrativa: subxéneros. As características estructurais e técnicas narrativas.

 

2.2. CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN

  1. Comprender a idea xeral e a intención comunicativa en textos orais e escritos sinxelos dos ámbitos social e académico, sendo capaz de indicar o tema e as partes e resumindo os mesmos.
  2. Seguir instrucións para realizar tarefas autónomas de aprendizaxe.
  3. Recoñecer os distintos tipos de estruturas textuais (expositivas, narrativas, descriptivas, dialogais e periodísticas) e os seus elementos, sendo capaz de elaborar e analizar textos que os presenten, así como de aplicar de xeito práctico os conceptos estudados.
  4. Narrar, expoñer, resumir, explicar e comentar, en soporte papel e dixital, usando o rexistro adecuado, organizando as ideas con claridade e cohesión, respectando as normas gramaticais e ortográficas, e valorando a importancia de planificar e revisar o texto.
  5. Expoñer oralmente un tema, previamente preparado, de modo ordenado, coherente e adecuado ó auditorio, integrando linguaxe verbal e non verbal e botando man dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.
  6. Expoñer unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra completa axeitada á idade do alumnado, recoñecendo a estrutura e os elementos propios do xénero, interpretando a intención da mesma e relacionando o seu contido coa propia experiencia.
  7. Identificar en textos orais e escritos a presenza dun uso sexista da linguaxe ou de valoracións discriminadoras sobre culturas ou colectivos distintos.
  8. Aplicar os coñecementos literarios na comprensión e valoración de fragmentos, atendendo ó xénero, ós temas e motivos da tradición, á caracterización dos subxéneros literarios, á versificación e á funcionalidade dos recursos retóricos máis relevantes.
  9. Compoñer textos, en soporte papel ou dixital, tomando como modelo un texto literario lido e comentado na aula ou realizar algunha transformación sinxela neses textos.
  10. Aplicar os coñecementos sobre a lingua (fonéticos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos) e as normas de uso lingüístico para solucionar problemas de comprensión de textos orais e escritos e para a composición e revisión dirixida dos textos propios deste curso.
  11. Identificar e analizar as diversas categorías gramaticais e as funcións que estas desempeñan nas cláusulas simples.
  12. Coñecer unha terminoloxía lingüística básica nas actividades de reflexión sobre o uso.
  13. Usar o dicionario para ampliar o vocabulario propio.

 

2.3. CONTIDOS MÍNIMOS PARA 2º ESO

-         

LER, FALAR E ESCRIBIR:

  • Recoñecemento das ideas principais de distintos tipos de textos, sabendo expresalas oralmente e por escrito de forma coherente, correcta e adecuada á situación, e xulgándoos criticamente.
  • Consecución dunha expresión oral e escrita sinxela pero clara e ordenada, evitando as palabras baleiras, as repeticións innecesarias, utilizando os signos de puntuación e adecuándose á situación de comunicación.
  • Recoñecemento, comprensión, produción e análise de diferentes tipos de textos do seu nivel escolar (narrativos, descritivos, dialogais, expositivos e periodísticos).
  • Elaboración de resumos e traballos que se propoñan ó longo do curso.

-         

ESTUDO DA LINGUA:

  • Dominio das normas de acentuación.
  • Uso correcto das maiúsculas, as grafías e os signos de puntuación.
  • Diferenciación do rexistro culto e coloquial e aplicación adecuada de cada un deles a un texto de producción propia.
  • Diferenciación e análise das categorías gramaticais; coñecemento da conxugación española (mínimo tempos simples de indicativo e subxuntivo).
  • Análise da cláusula simple: recoñecemento da súa estructura, complementos e clasificación da mesma segundo a modalidade, natureza do predicado e estructura.
  • Coñecemento dos principais procedementos de ampliación do vocabulario así como dos que se derivan do cambio semántico.
  • Construción de familias léxicas, campos semánticos e establecemento de relacións significativas entre as palabras (sinonimia, antonimia, polisemia, hiperonimia).
  • Coñecemento e uso con propiedade dun vocabulario adecuado ó seu nivel escolar, ampliándoo por medio da utilización correcta do diccionario.
  •  

-         

LITERATURA:

  • Identificación e recoñecemento dos xéneros literarios, así como das súas características formais e estructurais básicas.
  • Iniciación á métrica e ós recursos literarios.
  • Lectura, estudo e valoración crítica, de forma sinxela pero rigorosa, dunha obra completa ou dunha selección de textos de cada unha das formas literarias programadas.

 

3. OBXECTIVOS DA MATERIA PARA 3º ESO

  1. Ser conscientes da importancia da linguaxe como capacidade universal do ser humano e da lingua como fonte de comunicación privilexiada.
  2. Coñecer os distintos planos organizativos da lingua.
  3. Recoñecer e describir as diversas categorías gramaticais, as súas funcións nas cláusulas e analizar os diversos tipos de frases e cláusulas (simples) para levar a cabo un adecuado emprego da lingua.
  4. Establecer relacións significativas entre as palabras, reflexionando sobre os procesos que permiten o cambio semántico e a ampliación e formación de novas palabras.
  5. Empregar habitualmente o dicionario para a comprensión e elaboración de textos, así como para a ampliación do vocabulario.
  6. Utilizar a linguaxe oral e escrita, expresándose dun xeito coherente e correcto, coa finalidade de comprender e organizar feitos e saberes de calquera tipo.
  7. Producir textos orais de diversa índole con orde, claridade e corrección lingüística, respectando as convencións que regulan o intercambio comunicativo (pedir a palabra, escoitar e non interromper ós outros cando a teñan¼).
  8. Comprender textos de tipoloxía diversa recoñecendo o tema, a intención, a estructura e as ideas básicas.
  9. Crear textos de tipoloxía diversa con planificación previa, de acordo coa estructura, as normas ortográficas, gramaticais e de puntuación axeitadas, demostrando interese por coidar os aspectos formais na presentación dos traballos: distribución do texto (mantendo os espacios e as marxes necesarios) e procurar un estilo de letra que, respectando a personalidade individual de cada alumno/-a, sexa claramente lexible e cunha presentación agradable.
  10. Tomar conciencia do poder dos medios de comunicación como formadores de opinión pública, recoñecendo os seus xéneros, as características das súas mensaxes e adquirindo hábitos de reflexión que defendan ó alumno das manipulacións dos mesmos.
  11. Apreciar e analizar a realidade plurilingüe de España, sendo conscientes da súa orixe e historia e adoptando unha actitude respectuosa con tódalas súas manifestacións.
  12. Comprender que en todas as linguas hai variedades internas que teñen que ver coa súa historia, a situación xeográfica, a clase social dos falantes, o momento en que se emprega...
  13. Valorar as dúas linguas existentes en Galicia, recoñecendo as interferencias lingüísticas derivadas do contacto entre ambas.
  14. Ler de forma expresiva textos varios con velocidade, entoación e dición aceptables, sendo capaz de comprendelos e valorando a lectura como medio para desenvolver a personalidade, a competencia lingüística e o coñecemento do patrimonio cultural dos pobos.
  15. Adquirir coñecementos básicos sobre a linguaxe literaria (recursos, xéneros e subxéneros) a partir da lectura e a análise dos mesmos.
  16. Coñecer as características básicas da literatura española (períodos, movementos e autores) desde a Idade Media ata o século XVIII.
  17. Beneficiarse e desfrutar das lecturas propostas.
  18. Aprender e empregar técnicas sinxelas de manexo da información: busca, elaboración e presentación, con axuda de todo tipo de materiais impresos tradicionais e a aplicación das Novas Tecnoloxías, mostrando sempre un espírito crítico e constructivo ante a información recibida.

 

3.1. CONTIDOS     

Primeira avaliación (temas 1-4; 9-11)

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • O texto e as súas propiedades: coherencia e cohesión.
  • Estruturas textuais: narración, descrición, diálogo e exposición (estudo, produción e análise).
  • Tipos de textos. A prensa: os xéneros e subxéneros periodísticos (noticia).
  • Técnicas de traballo: o resumo. As fontes de información. Uso do dicionario. 

II. ESTUDO DA LINGUA

  • As linguas de España: orixe e evolución do castelán. Os rexistros lingüísticos. As linguas da península.
  • As normas de acentuación. Acentuación en monosílabos, palabras compostas, ditongos, tritongos e hiatos. O til diacrítico.
  • As maiúsculas. Os signos de puntuación: punto, coma, punto e coma, dous puntos, os puntos suspensivos,  interrogación e  admiración, comiñas, paréntese, raia, guión e  a división ortográfica de palabras. 
  • Procedementos de formación de palabras: composición, derivación e parasíntese.
  • O cambio semántico. As familias léxicas e o campo semántico. 

III. LITERATURA

  • A literatura e os xéneros literarios. A comunicación literaria: recursos.
  • A literatura da Idade Media: características e tendencias.
  • A épica medieval: O Cantar de Mio Cid. O Romanceiro.
  • A narrativa didáctica: Mester de clerecía (Berceo e Arcipreste de Hita). Nacemento da prosa castelá (Alfonso X e don Juan Manuel).
  • A lírica medieval: lírica popular e culta. A poesía cancioneril. Manrique. 

Segunda avaliación (temas 3-8) 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • A prensa: os xéneros e subxéneros periodísticos (artigo e entrevista).
  • Técnicas de traballo: os apuntamentos. A biblioteca. 

II. ESTUDO DA LINGUA

  •  A ortografía da b, v, g, j, h, y/ll, c/qu/k.
  • A frase e os seus tipos: frase substantiva, nominal, adxectiva, adverbial e preposicional. Repaso destas categorías.
  • As categorías gramaticais: o verbo e as súas desinencias, a voz; a conxugación española. As perífrasis verbais.
  • A cláusula e a súa estructura: clasificación segundo a súa modalidade, estructura e natureza do predicado.
  • A cláusula simple: suxeito, predicado e os seus tipos. Os complementos: atributo, predicativo, CD, CI, CRéx., CAxente e CC. 

III. LITERATURA

  • O teatro medieval: A Celestina.
  • O Renacemento. A lírica, os seus temas, formas métricas e xéneros. Garcilaso, Frei Luís e San Juan.
  • A prosa renacentista: Lazarillo de Tormes e Don Quijote de la Mancha.

 

Terceira avaliación (temas 9-12) 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • Técnicas de traballo: o esquema.

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A ortografía da s/x, r/rr, c, z, -d, cc.
  • Repaso das categorías e as cláusulas simples. 

III. LITERATURA

  • O Barroco. A lírica, as súas características e tendencias. Góngora e Quevedo.
  • A comedia nova e as súas características. Lope, Tirso e Calderón.
  • A literatura do século XVIII: ensaio,  teatro e poesía (Feijoo, Cadalso e Moratín).

  

3.2. CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN

  1. Recoñecer o texto e as súas propiedades, así coma os distintos tipos de estruturas textuais (narrativas, descritivas, dialogadas, expositivas e periodísticas) e os seus elementos, sendo capaz de elaborar e analizar textos que os presenten.
  2. Identificar as ideas principais e secundarias, así coma a intención comunicativa explícita e implícita, o tema e a organización presentes en distintos textos proporcionados, podendo facer resumos orais ou escritos e emitir xuízos acerca deles.
  3. Seguir instruccións de certa complexidade nos ámbitos públicos e nos procesos de aprendizaxe.
  4. Expoñer oralmente un tema, previamente preparado, de modo ordenado, coherente e adecuado ó auditorio, integrando linguaxe verbal e non verbal.
  5. Coñecer e analizar a orixe e evolución da nosa lingua e identificar as súas variedades sociais e estilísticas, sendo capaz de localizar en mapas as linguas de España.
  6. Estudar os distintos planos da linguaxe; identificar e analizar as diversas categorías gramaticais e as funcións que estas desempeñan nas cláusulas simples.
  7. Identificar e analizar os distintos procedementos de formación de palabras así como crear campos semánticos e familias léxicas.
  8. Identificar as características elementais da literatura española dende a Idade Media ata o século XVIII.
  9. Ler, analizar, comentar e producir textos de carácter literario, identificando as características formais e substanciais dos distintos xéneros, relacionando as obras co autor e o movemento respectivo e emitindo un xuízo crítico acerca das mesmas.
  10. Usar o dicionario para ampliar o vocabulario propio.
  11. Utilizar diferentes recursos e fontes de información nos traballos en equipo e individuais planificados durante o curso.
  12. Explicar a terminoloxía empregada en cada caso.
  13. Rexeitar os usos discriminatorios do idioma e sustituílos por outras expresións máis adecuadas.

  
3.3. CONTIDOS MÍNIMOS PARA 3º ESO 

-         

LER, FALAR E ESCRIBIR:

  • Consecución dunha expresión oral e escrita sinxela pero clara e ordenada, evitando as palabras baleiras, as repeticións innecesarias, utilizando os signos de puntuación e adecuándose á situación de comunicación.
  • Elaboración de esquemas e resumos que se propoñan ó longo do curso.
  • Diferenciación das ideas principais e secundarias dun texto, sabendo expresalas oralmente e por escrito de forma coherente, correcta e adecuada á situación, e facendo un xuízo crítico sobre as mesmas.
  • Recoñecemento, producción e análise, de acordo coas súas características, de diferentes tipos de textos (periodísticos, narrativos, descritivos, expositivos e dialogados), distinguindo os seus subtipos.

-         

ESTUDO DA LINGUA:

  • Dominio das normas de acentuación.
  • Uso correcto das maiúsculas, as grafías e os signos de puntuación.
  • Coñecemento da evolución do castelán ó longo da historia e recoñecemento dos diferentes fenómenos de contacto existentes entre as linguas.
  • Coñecemento e análise das variedades sociais da lingua.
  • Coñecemento da estrutura das palabras e dos principais procedementos de formación das mesmas que existen en español.
  • Construcción de familias léxicas, campos semánticos e establecemento de relacións significativas entre as palabras (sinonimia, antonimia, homonimia e polisemia).
  • Diferenciación e análise das categorías gramaticais; coñecemento da conxugación española.
  • Recoñecemento e análise das distintas clases de frases e da súa estrutura interna.
  • Recoñecemento e análise das distintas clases de cláusulas e dos seus constituíntes.
  • Coñecemento e uso con propiedade dun vocabulario adecuado ó seu nivel escolar, ampliándoo por medio da utilización correcta do dicionario.

-         

LITERATURA:

  • Distinción das características fundamentais da literatura ata o século XVIII.
  • Identificación dos autores e obras máis relevantes dese periodo, situándoos cronolóxicamente, sendo capaces de comentar as súas características esenciais e relacionándoos co seu contexto socio-histórico e literario.
  • Recoñecemento e análise dos principais recursos empregados pola lingua literaria para crear unha mensaxe estética e captar a atención do lector.
  • Lectura e elaboración de fichas de lectura e traballos correspondentes a cada un dos libros propostos como lectura obrigatoria.

 

 

4. OBXECTIVOS DA MATERIA PARA 4º ESO

  1. Recoñecer e analizar as diferentes situacións comunicativas, tanto escritas como orais, ás que deban enfrontarse coa capacidade suficiente como para adaptarse ás mesmas tendo en conta a súa tipoloxía, finalidade, os rexistros correspondentes a elas e os principios que rexen calquera tipo de comunicación.
  2. Expresarse oralmente e por escrito con coherencia, corrección, creatividade e adecuación ás súas necesidades educativas.
  3. Comprender discursos orais e escritos de complexidade adecuada ó seu nivel, determinando a súa organización temática (as ideas principias e secundarias), recoñecendo as súas características máis específicas, analizando e valorando o seu uso en relación co contexto comunicativo.
  4. Recoñecer, analizar e producir textos de carácter expositivo, argumentativo e periodístico, así como os de carácter académico, aplicando as súas diferentes estructuras, as normas ortográficas, gramaticais e de puntuación axeitadas e demostrando interese por coidar os aspectos formais na presentación dos traballos.
  5. Analizar e xulgar críticamente a información procedente dos distintos medios de comunicación, sendo capaz non só de valorala, senon tamén de crear mensaxes (que integren a linguaxe verbal e non verbal) nas que non teña cabida ningún tipo de discriminación.
  6. Coñecer as variedades sociais e dialectais do castelán, así como as relacións existentes entre as distintas linguas do Estado, valorando de forma crítica a realidade plurilingüe de España, coñecendo a súa orixe e superando prexuizos.
  7. Recoñecer, analizar e aplicar correctamente as unidades que conforman os diferentes planos lingüísticos (fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual), logrando un emprego reflexivo delas, adaptandoas ás necesidades comunicativas e avanzando no dominio da terminoloxía aplicable ó seu estudo e nas relacións existentes entre os distintos planos.
  8. Recoñecer e describir as diversas categorías gramaticais, as súas funcións nas cláusulas (simples e complexas)e analizar os diversos tipos de frases e oracións  para levar a cabo un adecuado emprego da lingua.
  9. Establecer relacións significativas entre as palabras, reflexionando sobre os procesos que permiten o cambio semántico e a ampliación e formación de novas palabras.
  10. Producir e ler de forma expresiva textos de carácter literario pertencentes ós distintos xéneros, sendo capaz de comprendelos e valorando a lectura como medio para desenvolver a personalidade, a competencia lingüística e o coñecemento do patrimonio cultural dos pobos.
  11. Adquirir e ampliar coñecementos sobre a linguaxe literaria (formas de expresión, recursos, xéneros e subxéneros) a partir da lectura e a análise dos mesmos.
  12. Coñecer as características básicas da literatura española (períodos, movementos e autores) desde o século XIX ata a actualidade, recoñecendo os seus principais representantes, establecendo relacións entre os distintos periodos e autores, e tamén co contexto histórico-cultural.
  13. Empregar habitualmente o dicionario para a comprensión e elaboración de textos, así como para a ampliación do vocabulario.
  14. Aprender e empregar técnicas sinxelas de manexo da información: busca, elaboración e presentación, con axuda de todo tipo de materiais impresos tradicionais e a aplicación das Novas Tecnoloxías, mostrando sempre un espírito crítico e constructivo ante a información recibida.
  15. Valorar e respectar as opinións alleas.

 

4.1. CONTIDOS     

Primeira avaliación (temas 1-3; 8-9)

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • O texto e as súas características.
  • Tipos de textos. O texto expositivo (correspondencia institucional, folleto informativo, instancia, contrato e disposicións legais). 

II. ESTUDO DA LINGUA

  • As maiúsculas. As normas de acentuación. Acentuación en monosílabos, palabras compostas, ditongos, tritongos e hiatos. A til diacrítica.Grafías: b/v.
  • Léxico: a súa orixe (cultismos e voces patrimoniais). Os procedementos de formación de palabras. Os préstamos.
  • As categorías gramaticais: determinantes, substantivos, adxectivos, pronomes, verbos, adverbios, preposicións e conxuncións.
  • A cláusula e o seu análise. As frases. A cláusula simple.
  • A estructura coordinada. 

III. LITERATURA

  • A literatura do Romanticismo: contexto histórico-cultural e características. A lírica (Espronceda, Bécquer e Rosalía), o teatro (Zorrilla e o Duque de Rivas), periodismo e costumbrismo (Larra).
  • Realismo e Naturalismo: contexto histórico-social e cultural. A novela realista e naturalista (Valera, Galdós, Clarín e Bazán).

 

Segunda avaliación (temas 4-5; 7; 10-11) 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • O texto expositivo (currículo) argumentativo (reclamación e recurso) e periodístico (editorial e cartas ó director). 

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A ortografía das letras: g/j, h, y/ll, x/s.
  • Léxico: neoloxismos, sinonimia/antonimia, hiponimia/hiperonimia. Abreviaturas, siglas e acrónimos
  • A orixe e a actualidade do español. A situación plurilingüe de España. Fenómenos de contacto entre linguas.
  • A cláusula complexa: completiva, de relativo e adverbial. O xerundio e o participio. 

III. LITERATURA

  • A crise de fin de século: situación histórico-cultural. Modernismo: a lírica (Juan Ramón Jiménez). Generación do 98: lírica (Machado), novela (Unamuno e Baroja).
  • O século XX: contexto histórico-social e cultural. As vangardas e ismos españois. Generación do 27: estilo e temas (Alberti, Salinas, Aleixandre, Lorca). O teatro de principios do XX: tradicional e innovador (Lorca e Valle-Inclán).

 

Terceira avaliación (temas 6; 12-14) 

I. LER, FALAR E ESCRIBIR.

  • Os textos periodísticos (artículo de opinión e columna personal). 

II. ESTUDO DA LINGUA

  • A ortografía das letras: c/q/k, c/z, r/rr. Os signos de puntuación: punto, coma, punto e coma, dous puntos, os puntos suspensivos,  interrogación e  admiración, comiñas, raia e guión. 
  • Léxico: polisemia, homonimia, paronimia. A precisión léxica.
  • A oración bipolar.
  • Os medios de comunicación de masas: finalidade, características da súa información. Busca de información. 

III. LITERATURA

  • A literatura de posguerra: situación histórico-cultural. A lírica, narrativa e teatro ata os anos 70. A literatura do exilio.
  • A literatura contemporánea: lírica, narrativa, teatro e periodismo ata a actualidade.
  • A literatura hispanoamericana: lírica, narrativa e conto.

 

4.2. CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN

  1. Comprender a intención comunicativa, as ideas principais e secundarias de textos orais e escritos procedentes dos medios de comunicación ou do ámbito público e escolar, podendo facer resumos orais ou escritos e emitir xuízos sobre o seu contido e os procedementos comunicativos neles empregados.
  2. Recoñecer os distintos tipos de estruturas textuais (argumentativas, expositivas e periodísticas) e os seus elementos, sendo capaz de elaborar e analizar textos que os presenten.
  3. Expoñer, explicar, argumentar, resumir e comentar, en soporte papel ou dixital, usando o rexistro adecuado, con claridade e coherencia, respectando as normas gramaticais e ortográficas e valorando a importancia de planificar e revisar o texto.
  4. Realizar presentacións orais claras e estruturadas sobre temas académicos, sociais, políticos, culturais coa axuda dos medios de comunicación e das TIC.
  5. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso para resolver problemas de comprensión de textos orais e escritos e para a composición e revisión autónoma dos textos propios.
  6. Identificar e localizar as linguas constitucionais e as variedades dialectais de España, así como recoñecer as variedades sociais do castelán.
  7. Recoñecer e analizar as diferentes unidades lingüísticas (categorías gramaticais,  estructura interna, relación sintáctica e semántica entre elas), valorando a importancia que ten o dominio dos diferentes planos para a adecuada construcción e  interpretación de mensaxes
  8. Identificar, analizar e clasificar as cláusulas simples e complexas, as estructuras coordinadas e as oracións bipolares.
  9. Identificar as características elementais da literatura española desde o século XIX ata a actualidade.
  10. Ler, analizar, comentar e producir textos de carácter literario, identificando as características formais e substanciais dos distintos xéneros, relacionando as obras co autor e o movemento respectivo e emitindo un xuízo crítico acerca das mesmas.
  11. Usar o dicionario para ampliar o vocabulario propio.
  12. Utilizar diferentes recursos e fontes de información nos traballos en equipo e individuais planificados durante o curso.
  13. Coñecer e aplicar correctamente a terminoloxía empregada en cada caso.
  14. Rexeitar os usos discriminatorios do idioma e sustituílos por outras expresións máis adecuadas.

 
 
4.3. CONTIDOS MÍNIMOS PARA 4º ESO

-         

LER, FALAR E ESCRIBIR:

  • Expresión oral e escrita clara e ordenada, evitando as palabras baleiras, as repeticións innecesarias, utilizando os signos de puntuación e adecuándose á situación de comunicación.
  • Diferenciación das ideas principais e secundarias dun texto, sabendo expresalas oralmente e por escrito de forma coherente, correcta e adecuada á situación, e xulgándoos criticamente.
  • Obtención e tratamento da información procedente de distintas fontes e achegada en distintos soportes, empregando técnicas de selección, síntese e interpretación que permitan acceder á información implícita e explícita, así como avanzar na propia formación.
  • Análise e comentario das características de mensaxes que utilizan os medios de comunicación para a súa difusión.
  • Recoñecemento, producción e análise da estrutura e dos constituíntes de textos de carácter argumentativo, expositivo e periodístico.
  • Aplicación dos principios de cooperación e cortesía nas súas intervencións.
  • Uso dos principais mecanismos de coherencia e cohesión e recoñecemento destes como propiedades básicas para a construcción de distintos tipos de textos.

-         

ESTUDO DA LINGUA:

  • Dominio das normas de acentuación.
  • Uso correcto das maiúsculas, as grafías e os signos de puntuación.
  • Recoñecemento das diferenzas entre abreviaturas, siglas e acrónimos.
  • Coñecemento da estensión do español no mundo e diferenciación dos principais trazos de cada unha das súas variedades sociais e estilísticas.
  • Localización en mapas das linguas cooficiales do castelán na península.
  • Distinción dos fenómenos de contacto entre linguas.
  • Coñecemento da orixe do castelán, recoñecendo as diferenzas entre cultismos, voces patrimoniais e neoloxismos.
  • Abandono do emprego de palabras comodín e progreso no enriquecemento do vocabulario a través do uso do diccionario.
  • Construcción de campos semánticos, identificación dos procedementos de formación de palabras e establecemento de relacións significativas entre elas.
  • Clasificación e análise das palabras segundo a súa estructura interna e categoría gramatical.
  • Recoñecemento e análise das distintas clases de frases  e a súa estrutura interna.
  • Recoñecemento e análise das distintas clases de cláusulas (simples e complexas), oracións bipolares e estructuras coordinadas, así como dos seus constituíntes.

 
-          LITERATURA:

  • ØDistinción das características fundamentais da literatura dos séculos XIX e XX.
  • Identificación dos autores e obras máis relevantes dese periodo, situándoos cronolóxicamente, sendo capaces de comentar as súas características esenciais e relacionándoos co seu contexto socio-histórico e literario.
  • Recoñecemento dos principais recursos empregados pola lingua literaria para crear unha mensaxe estética e captar a atención do lector.
  • Creación de textos de carácter literato que respecten as características dos distintos xéneros.
  • Lectura e elaboración das fichas e traballos correspondentes a cada un dos libros propostos como lectura obligatoria.

 
 

5.

OBXECTIVOS 1º DE BACHARELATO 

  1. Coñecer distintos procedementos comunicativos e os elementos e funcións que neles se empregan, valorando a linguaxe como mecanismo necesario para o desenvolvemento e madurecemento do individuo e como instrumento esencial de socialización.
  2. Coñecer as características da linguaxe oral e escrita e empregala de modo correcto, respectando as súas normas e adaptándose nos seus usos á situación comunicativa que se presenta.
  3. Identificar o tema e comentar as diferentes estructuras dos textos (descritivas, narrativas, dialogadas, expositivas, argumentativas e instrutivas), recoñecendo e analizando as súas características internas, marcas e técnicas de construción, de tal modo que sexan capaces de elaborar textos que respecten esas estructuras formais.
  4. Entender a lingua como un sistema que se organiza en distintos planos, recoñecendo as unidades pertencentes a cada un deles.
  5. Recoñecer e analizar nos seus compoñentes as unidades pertencentes á morfoloxía, distinguindo as clases de palabras, as súas características formais e substanciais, os seus subtipos e usos discursivos.
  6. Recoñecer e analizar nos seus compoñentes as unidades pertencentes á sintaxe, distinguindo os tipos de frases, cláusulas, estruturas coordinadas e oracións, a súa estructura interna e as funcións que desempeñan os seus constituíntes.
  7. Coñecer os compoñentes básicos do léxico da lingua castelá (de substrato, latinos e de superestrato), os procedementos de formación de palabras e ampliación de vocabulario da lingua, as relacións significativas entre as palabras, a súa organización en campos semánticos e familias léxicas, e os fenómenos de cambio semántico, vendo en todo isto o froito da evolución e vida da lingua.
  8. Comprender a literatura como un fenómeno de comunicación cunhas características específicas.
  9. Diferenciar os xéneros e subxéneros literarios, as súas características e evolución ó longo da historia.
  10. Coñecer os límites temporais, características xerais, obras e autores máis relevantes  da literatura española desde a Idade Media ata o século XVII.
  11. Ler e comentar textos e obras representativos deste periodo (ou relacionadas con el), valorando a importancia do coñecemento da literatura e das súas correntes para a propia formación.
  12. Valorar e coñecer, sendo conscientes da súa orixe, historia e características fundamentais, a realidade plurilingüe de España; comprender que esa variedade lingüística é outra manifestación da nosa pluralidade.
  13. Empregar diferentes técnicas de traballo, así como de tratamento e busca da información a través de diferentes tipos de soportes, incluidas as novas tecnoloxías, para a organización da propia actividade.

 
5.1. CONTIDOS

Primeira avaliación (temas 1-4,9; 11-13) 

I.  A variedade dos discursos e o tratamento da información

  • O texto: características e propiedades (mecanismos de coherencia e cohesión).
  • As formas discursivas: textos narrativos e descritivos. Características e marcas.
  • O subliñado e o resumo.

II. Coñecemento da lingua

  • A comunicación: elementos. O signo lingúístico. As funcións e niveis de uso da linguaxe. Lingua e fala. As variedades da lingua. As linguas de España. Bilingüismo e diglosia.
  • Os planos da lingua: fónico.
  • As normas de acentuación. Os signos de puntuación. As maiúsculas.

III. O discurso literario

  • A comunicación literaria: xéneros, subxéneros, características e evolución.
  • A Idade Media: contexto histórico, social e cultural. Características xerais.
  • A lírica primitiva culta e popular. A poesía cancioneril e os poetas do século XV: Marqués de Santillana, Mena e Manrique.
  • A poesía épica: Poema de Mio Cid. O mester de clerecía nos séculos XIII e XIV: Gonzalo de Berceo e o Arcipreste de Hita. O Romanceiro.
  • A prosa nos séculos XIII e XIV: Alfonso X e don Juan Manuel. A novela do século XV.
  • A Celestina. 

Segunda avaliación (temas 5,10; 14-15) 

I. A variedade dos discursos e o tratamento da información

  • As formas discursivas: textos argumentativos e expositivos. Características e marcas. 

II. Coñecemento da lingua

  • Os planos da lingua: morfolóxico. As unidades gramaticais (determinante, substantivo, adxectivo, pronome, adverbio, preposición e conxunción. O verbo e as súas desinencias, as perífrases verbais e a conxugación española).
  • Os procedementos de formación de palabras (derivación, composición e parasíntese; acurtamentos, acronimia, siglas).
  • A ortografía das letras: b/v, g/j, c/z, c/qu/k.

III. O discurso literario

  • O Renacemento:

o  

Contexto histórico, social e cultural.

o  

A evolución da poesía renacentista: Garcilaso, Fray Luis de León e San Juan de la Cruz.

o  

A prosa renacentista: libros de cabaleirías, a novela bizantina, pastoril e morisca; a novela picaresca (Lazarillo de Tormes).

o  

A narrativa de Cervantes. Estudo do Quijote.

 

Terceira avaliación (temas 6-8; 16-17) 

I. A variedade dos discursos e o tratamento da información

  • O texto periodístico: información e opinión (xéneros).

II. Coñecemento da lingua

  • O plano sintáctico: as súas unidades e funcións. As frases, cláusulas e oracións: estructura e análise.
  • O léxico do castelán: compoñentes básicos, estructura e clasificación das palabras. Evolución: cultismos, voces patrimoniais, semicultismos, dobretes e latinismos. Neoloxismos, préstamos.
  • Significante, significado e referente. O cambio semántico. As familias léxicas e o campo semántico. As relacións significativas entre as palabras: sinonimia, antonimia, polisemia, homonimia, hiponimia, hiperonimia e paronimia.
  • A ortografía das letras: y/ll, r/rr, h, m.

III. O discurso literario

  • O Barroco
    • A literatura e o pensamento do século XVII. O Barroco en España: conceptismo e culteranismo.
    • A poesía barroca: temas e aspectos formais. Lope de Vega, Góngora e Quevedo.
    • A prosa barroca: didáctica e de ficción (picaresca).
    • A evolución do teatro na península. O teatro do século XVII: tipos. A comedia barroca e as súas características. O teatro de Lope e Calderón. Os seus respectivos ciclos.

 

5.2.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  1. Identificar as ideas principais e secundarias presentes en textos orais ou escritos, sendo capaz de sintetizalas ou desenvolvelas para emitir xuizos sobre elas, así como de comentar as incoherencias ou ambigüidades que aparecen nos mesmos.
  2. Elaborar textos orais e escritos coherentes, correctos e adecuados baseándose na información proporcionada por diversas fontes e empregando distintos recursos (tradicionais ou novas tecnoloxías).
  3. Recoñecer os distintos tipos de estructuras textuais (narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación), as súas marcas e características, sendo capaz de elaborar e analizar textos que as presenten.
  4. Coñecer e identificar as variedades do español (históricas, espaciais, sociais e de estilo); coñecer tamén a orixe e evolución das outras linguas constitucionais.
  5. Comprender e analizar calquera situación comunicativa tendo en conta os elementos e as funcións que nela aparecen.
  6. Estudar os planos da linguaxe, identificando e analizando as súas unidades, as combinacións das mesmas e as funcións que desempeñan en unidades de rango superior.
  7. Discernir os compoñentes básicos e a estrutura do léxico español.
  8. Ler, analizar, comentar e producir textos de carácter literario, identificando as características formais e substanciais dos distintos xéneros, relacionando as obras co autor e o movemento respectivo  e emitindo un xuizo crítico acerca das mesmas.
  9. Coñecer e valorar as obras e autores máis destacados da literatura desde a Idade Media ó século XVII, sendo capaces de percibir as características elementais destes periodos.
  10. Analizar e comentar de xeito crítico e rigoroso obras completas das épocas e autores máis destacados dos períodos estudados.
  11. Asimilar as técnicas de traballo e empregalas para facilitar a aprendizaxe e mellorar o rendemento académico.
  12. Usar o dicionario para ampliar o propio vocabulario.
  13. Empreñar a linguaxe académica nas probas escritas, traballos e exposicións, usando a terminoloxía con corrección e expresando as ideas de forma coherente e organizada.

 
 5.3. CONTIDOS MÍNIMOS 1º BACHARELATO

  • Extracción das ideas principais e secundarias dun texto, así como da súa información implícita e explícita, sabendo xulgalo criticamente, desentrañando a súa estructura e analizando os procedementos de coherencia e cohesión presentes nel.
  • Recoñecemento e análise das características máis destacadas das diferentes formas discursivas (narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación).
  • Elaboración de textos de distinta tipoloxía empregando as súas estructuras e mecanismos de coherencia e cohesión.
  • Distinción das variedades históricas, xeográficas, sociais e estilísticas da lingua e análise das súas características.
  • Coñecemento do concepto de comunicación, identificando os distintos tipos de signos e os elementos e funcións da linguaxe que poden aparecer na comunicación lingüística.
  • Concepción da lingua como un conxunto de subsistemas que teñen unhas unidades propias como obxecto de estudo.
  • Diferenciación e análise completa das categorías gramaticais e da súa estrutura interna; coñecemento da conxugación española.
  • Recoñecemento e análise das distintas clases de frases e da súa estrutura interna.
  • Recoñecemento e análise das distintas clases de cláusulas, estruturas coordinadas e oracións e dos seus constituíntes.
  • Dominio das normas de acentuación, uso correcto das maiúsculas e das grafías, así como dos signos de puntuación.
  • Coñecemento e análise dos compoñentes básicos e da evolución do léxico castelán, os principais procedementos de formación de palabras (derivación, composición e parasíntese) e ampliación de vocabulario (préstamos, neoloxismos, calcos, arcaísmos).
  • Construcción de familias léxicas, campos semánticos e establacemento de relacións significativas entre as palabras (sinonimia, antonimia, polisemia, homonimia, paronimia).
  • Abandono do emprego de palabras comodín e avance no enriquecemento do vocabulario.
  • Elaboración de apuntamentos, resumos e esquemas, subliñado, confección de fichas de lectura e traballos, así como emprego adecuado do dicionario e das enciclopedias para mellorar o rendemento académico.
  • Emprego das novas tecnoloxías para a busca de información e a adecuada presentación de traballos.
  • Recoñecemento e análise das características da lingua literaria e a dos seus xéneros e subxéneros.
  • Coñecemento das características xerais da literatura desde as súas orixes ata o século XVII.
  • Identificación dos autores e obras máis relevantes dese periodo, situándoos cronoloxicamente, sendo capaces de comentar as súas características esenciais e relacionándoos co seu contexto socio-histórico e literario.
  • Recoñecemento dos principais recursos empregados pola lingua literaria para crear unha mensaxe estética e captar a atención do lector.
  • Elaboración de textos de carácter literato que respecten as características dos distintos xéneros.
  • Lectura, comentario e interpretación das obras establecidas como lectura obligatoria para o curso.
  •  

 


6.         OBXECTIVOS 2º DE BACHARELATO 

  1. Expresarse oralmente e por escrito mediante discursos coherentes,  correctos, creativos e adecuados ás diversas situacións de comunicación e finalidades comunicativas.
  2. Identificar os diferentes tipos de textos orais e escritos, as súas propiedades e estructuras formais, así como os textos escritos específicos (humanísticos, periodísticos, científicos…)
  3. Identificar o tema e comentar as diferentes estructuras dos textos (descritivas, narrativas, dialogadas, expositivas, argumentativas), recoñecendo e analizando as súas características internas, marcas e técnicas de construción, de tal modo que sexan capaces de elaborar textos que respecten esas estructuras formais.
  4. Entender a lingua como un sistema que se organiza en distintos planos, recoñecendo as unidades pertencentes a cada un deles.
  5. Recoñecer e analizar nos seus compoñentes as unidades pertencentes á morfoloxía, distinguindo as clases de palabras, as súas características formais e substanciais, os seus subtipos e usos discursivos.
  6. Recoñecer e analizar nos seus compoñentes as unidades pertencentes á sintaxe, distinguindo os tipos de frases, cláusulas e oracións, a súa estructura interna, as funcións que desempeñan os seus constituíntes e as distintas relacións sintácticas (xustaposición, coordinación, subordinación e interordinación) así como os nexos que as identifican.
  7. Coñecer os compoñentes básicos do léxico da lingua castelá (de substrato, latinos e de superestrato), os procedementos de formación de palabras e ampliación de vocabulario da lingua, as relacións significativas entre as palabras, a súa organización en campos semánticos e familias léxicas, e os fenómenos de cambio semántico, vendo en todo isto o froito da evolución e vida da lingua.
  8. Fomentar a lectura e a composición escrita como formas de adquisición de léxico, de novos coñecementos, de reflexión, de autoaprendizaxe e de enriquecemento persoal.
  9. Coñecer a situación plurilingüística e pluricultural de España, a súa orixe, o desenvolvemento das distintas linguas constitucionais e das súas variedades, dedicando especial atención ó español de América e tendo en conta os factores que interveñen nas linguas en contacto así como os fenómenos que dese feito derivan.
  10. Interpretar e valorar criticamente obras literarias, identificando os elementos que configuran a súa natureza artística, descubrindo nelas o uso creativo da lingua e unha fonte de pracer persoal, relacionándoas cunha tradición cultural e recoñecendo as condicións sociais da súa producción e da súa recepción.
  11. Coñecer as características xerais (históricas, políticas, sociais…) da literatura española desde o século XVIII ata a actualidade e da narrativa hispanoamericana do XX, así como os autores e as obras máis significativas, localizando e utilizando, de forma crítica, as fontes bibliográficas e documentais adecuadas para o seu estudo.
  12. Ler e valorar obras literarias representativas dese período, recoñecendo os procedementos de estilo máis importantes de cada xénero, movemento literario e época.
  13. Empregar técnicas de busca de información, utilizando medios tradicionais e novas tecnoloxías, para a ampliación de contidos desenvoltos, a propia formación e a elaboración de traballos, tendo en conta nestes o respecto polas normas de presentación de textos escritos e/ou as de exposicións orais.

 

6.1. CONTIDOS

Primeira avaliación

I.  A variedade dos discursos e o tratamento da información

  • Comentario de textos (I): tema, estrutura, esquema e resumo.
  • O comentario crítico.

II. Coñecemento da lingua

  • As categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, determinante, pronome, verbo, adverbio, conxunción e preposición. Análise morfolóxica. Os procedementos de formación de palabras (derivación, composición, parasíntese, acronimia…) e análise dos seus constituintes.
  • As unidades sintácticas: frase, cláusula e oración. As funcións e relacións sintácticas. Os nexos e a análise sintáctica.
  • Orixe e desenvolvemento das linguas de España. As linguas constitucionais de España.
  • As variedades dialectais do castelán. O español no mundo. O español de América.
  • O léxico do español: orixe, evolución e influxo doutras linguas (voces patrimoniais, cultismos, semicultismos, préstamos).
  • O significado lingüístico. Denotación e connotación. Relacións de significado entre as palabras (sinonimia, antonimia, homonimia…). Cambios de significado. Familia léxica e campo semántico.

III. O discurso literario

  • O século XVIII: marco histórico-cultural. A poesía posbarroca e neoclásica; o ensaio (Cadalso e Jovellanos) e o teatro (Leandro Fernández de Moratín).
  • A literatura do século XIX:
    • O Romanticismo:
      • Contexto histórico, social e cultural.
      • O teatro romántico: Duque de Rivas e Zorrilla.
      • A prosa romántica: Larra.
      • A lírica romántica: Espronceda, Bécquer e Rosalía de Castro.
    • O Realismo:
      • Contexto sociocultural. Prerrealismo
      • Realismo e Naturalismo: Galdós, Clarín e Bazán.
  • A literatura do século XX:
    • Marco histórico e cultural.
    • A lírica de fin de século: Modernismo (características, influxos e autores máis destacados).
    • A lírica na primeira metade do século XX: vangardas, novecentismo e Xeración do 27. Análise e comentario de poemas de Miguel de Unamuno, Antonio Machado, J. R. Jiménez, Federico García Lorca, Salinas…
    • Análise das obras Campos de Castilla e La Fundación.

 

Segunda avaliación 

I.  A variedade dos discursos e o tratamento da información

  • O texto e as súas propiedades: coherencia e cohesión. Os marcadores e os conectores textuais. A tipoloxía textual.
  • Os textos científico-técnicos, xurídico-administrativos. 

II. Coñecemento da lingua

  • Repaso das cuestións da 1ª avaliación.
  • As unidades sintácticas: frase, cláusula e oración. As funcións e relacións sintácticas. Os nexos e a análise sintáctica. 

III. O discurso literario

  • A narrativa na primeira metade do século: análise e comentario dalgúns textos representativos de Unamuno, Pío Baroja, Valle-Inclán…
  • O teatro na primeira metade do século XX: análise e comentario dalgunhas escenas dunha obra de Valle-Inclán e de García Lorca.
  • Tendencias da poesía na segunda metade do século XX: análise de tendencias e comentario dalgúns autores/as significativos/as.
  • Análise da obra Plenilunio.

 
Terceira avaliación 

I.  A variedade dos discursos e o tratamento da información

  • Os textos humanísticos.
  • Os textos periodísticos e publicitarios.
  • O texto literario. Textos literarios líricos, narrativos, dramáticos e ensaísticos.
  • O comentario de textos dramáticos e ensaísticos. 

II. Coñecemento da lingua

  • Repaso das cuestións de avaliacións anteriores.
  • As unidades sintácticas: frase, cláusula e oración. As funcións e relacións sintácticas. Os nexos e a análise sintáctica. 

III. O discurso literario

  • A narrativa na segunda metade do século: análise e comentario dalgúns textos representativos de Cela, Luis Martín-Santos, Delibes, Eduardo Mendoza…).
  • Evolución del teatro na segunda metade do século XX: análise e  comentario de escenas de obras representativas.
  • A poesía e a narrativa hispanoamericana no século XX: análise e comentario dalgún conto ou textos representativos dalgunha obra de Borges, García Márquez… Análise da obra Crónica de una muerte anunciada.
  • O ensaio e o periodismo no século XX: evolución.

A temporalización ten un valor orientativo e poderá reaxustarse segundo o rendemento de cada grupo. Ó longo do curso insistirase tamén nas normas de corrección lingüística.

 

6.2.      

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  1. Crear textos orais e escritos de diferente tipo e certa complexidade, axeitándose á situación de comunicación, utilizando mecanismos que lles dean coherencia e cohesión e atendendo ás súas diferentes estructuras formais.
  2. Sintetizar oralmente e por escrito textos de diferente tipo e de distinto nivel de formalización, sinalando as ideas principais e as secundarias, a intención comunicativa e a estructura, recoñecendo posibles incoherencias e ambigüidades e achegando unha opinión persoal.
  3. Recoñecer, interpretar, clasificar e valorar textos escritos específicos (humanísticos, xornalísticos, científicos, literarios, etc.), analizando a súa construcción interna e as relacións do autor co texto e coa obra.
  4. Consultar fontes de diverso tipo (tradicional e novas tecnoloxías) e integrar a súa información en traballos de carácter escrito ou exposicións orais que presenten os datos principais e os distintos puntos de vista, as súas relacións e a perspectiva propia.
  5. Comprender a orixe e desenvolvemento da lingua española, na súa historia e no momento actual; valorando, identificando e analizando as súas variedades (históricas, sociais, de estilo e espaciais, incluido tamén o español de América) e desvíos.
  6. Distinguir as diferentes linguas constitucionais de España, coñecendo a súa orixe e evolución e valorando as situacións de contacto como as linguas francas,  bilingüismo e diglosia e desenvolver unha actitude positiva.
  7. Recoñecer as diferentes categorías gramaticais, as funcións e as relacións sintácticas, as súas combinacións e a correlación entre elas e os seus significados.
  8. Recoñecer as unidades léxicas que singularizan as diferentes manifestacións científicas (neoloxismos, préstamos, etc.).
  9. Ser capaz de aplicar os conceptos básicos da lexicoloxía e da semántica á interpretación, producción e análise dos textos.
  10. Interpretar o contido dun texto literario, identificar o xénero ó que pertence e recoñecer os seus elementos estructurais básicos e os seus recursos lingüísticos, sendo capaces de elaborar textos de intención literaria.
  11. Analizar a evolución histórica das formas literarias desde o século XVIII ata a actualidade, atendendo ó marco histórico e cultural e á súa relación cos autores e obras máis destacados.
  12. Coñecer e valorar as obras e os autores máis representativos da literatura dos séculos XVIII, XIX e XX como manifestacións dunha época e estética concreta, sendo capaces de facer traballos ou emitir xuizos críticos acerca dos mesmos e de relacionalos coa época e movemento ó que pertencen.
  13. Coñecer e aplicar técnicas de análise e comentario de textos, así como de elaboración de traballos académicos respectando as normas gramaticais, ortográficas e as convencións tipográficas.

 
 6.3. CONTIDOS MÍNIMOS EN 2º BACHARELATO 

  • Redacción coherente e fluida en español, adecuada á norma,  respectando a ortografía, empregando un vocabulario adecuado e utilizando os mecanismos de cohesión, coherencia e adecuación apropiados.
  • Recoñecemento e análise dos mecanismos de coherencia, cohesión e adecuación textual.
  • Recoñecemento e análise das diferentes modalidades textuais de acordo coas súas características distintivas.
  • Producción de textos de diferente tipo (expositivos, argumentativos…) dotados de coherencia, cohesión,  corrección e adecuación ó fin proposto e á situación de comunicación.
  • Análise e comentario de textos diversos: comprensión, representación esquemática do contido e a estructura, resumo, tema, comentario crítico…
  • Adecuación da competencia comunicativa oral e escrita a través de redaccións, lecturas, resumos, análises de texto e actividades de creación.
  • Recoñecemento e análise das diferentes variedades diatópicas do español  de acordo coas súas características distintivas.
  • Identificación das distintas linguas constitucionais, coñecemento da súa orixe, da súa evolución  e análise das súas características.
  • Coñecemento e análise dos fenómenos propios da convivencia de linguas: bilingüismo, diglosia, interferencias…
  • Coñecemento e análise das características do español actual (terminoloxía, creación de neoloxismos, a lingua estándar…)
  • Recoñecemento dos conceptos léxico-semánticos básicos e explicación do seu funcionamento nos textos (relacións de significado, campos semánticos…)
  • Recoñecemento, análise  e explicación dos procedementos de formación de palabras.
  • Identificación e análise morfolóxico das distintas clases de palabras.
  • Análise da estructura das palabras e clasificación dos seus constituintes.
  • Recoñecemento das distintas unidades sintácticas (frases, cláusulas…), indicación da súa función, análise da súa estructura e clasificación do seu tipo.
  • Análise léxico-semántica, sintáctica e morfolóxica de textos.
  • Coñecemento e análise do léxico do castelán, a súa orixe, procedementos para amplialo e a terminoloxía.
  • Lectura de tódolos libros sinalados como obrigatorios.
  • Identificación do xénero o que pertence un texto literario e recoñecemento dos seus elementos estructurais e dos recursos lingüísticos empregados.
  • Comentario literario no que se expliquen os aspectos do contido e da forma dos textos estudados (tema, resumo, estructura, análise estilístico…).
  • Coñecemento e análise dos distintos movementos estéticos propios da literatura española desde o século XVIII ata a actualidade,   das súas obras e  autores máis significativos, así como da narrativa hispanoamericana no século XX.
  • Emprego das novas tecnoloxías para a busca de información e a adecuada presentación de traballos.
  • Ø  Coñecemento e análise das características e recursos lingüísticos da lingua española en internet.