Criterios de Calificación


 

1.   AVALIACIÓN DAS APRENDIZAXES

        

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

O departamento tomará en consideración os seguintes elementos na avaliación:

  • Actitude: terase en conta para os efectos do redondeo da nota da avaliación correspondente e será valorada partindo do acatamento destas normas:
    1. A asistencia a clase e a puntualidade.
    2. Acudir co material, así como entregar os traballos e cadernos en prazo.
    3. A adecuada intervención na aula; a atención e respecto debido á profesora e compañeiros/as, sen constantes interrupcións que rompan a dinámica da clase.
    4. Realización das actividades propostas e corrección das mesmas.
  •  Valoración de traballos con 1 punto. Para avaliar este aspecto teremos en conta: traballos propostos sobre as lecturas, redaccións, exposicións, noticias, controis periódicos…
  • Lecturas: serán de carácter obrigatorio e valoraranse con 1 punto. Se algún alumno/a forma parte do club de lectura, poderá substituír a lectura da avaliación pola do club sempre que demostre ter lido a obra e presente o traballo correspondente.
  • Realización de probas: suporán 8 puntos. Aquí terase en conta:
    1. Nas probas escritas, cada exercicio será avaliado segundo a súa dificultade, número de apartados… As probas poderán constar de cuestións teóricas, prácticas ou teórico-prácticas, segundo o criterio da profesora.
    2. En cada avaliación realizaranse un ou dous exames nos que todos os contidos estarán interrelacionados para 1º e 2ºESO (un exame avaliará a capacidade de comprensión e expresión do alumnado e o outro os coñecementos lingüísticos e literarios. Poderanse interrelacionar ambos). No caso de 3º, 4º de ESO e 1º BAC farase un exame de contidos lingüísticos e outro de contidos literarios.

Para a cualificación dos mesmos seguiranse as seguintes directrices:

      • En 1º-2ºESO non se fará a media se se obtén unha nota inferior a “2,5” nalgún dos dous. En 3º-4ºESO será necesario acadar un “3” para facer a media.
      • En Bacharelato non se fará a media se se obtén unha nota inferior a un “3´75” nalgún dos dous.
      • En caso de que nos cursos anteriores non se acade a cualificación mínima para facer a media, bloquearase a nota da avaliación correspondente, que será como máximo 3 puntos.
      • En 2º de Bacharelato os exames seguirán o modelo dos realizados nas PAU. A puntuación asignada a cada parte será a mesma, de modo que a Literatura suporá o 40% da nota eo 60% restante corresponderá á parte de Lingua e Análise de Textos. Para que cada un dos bloques que forma parte do exame poida ser valorado, é necesario obter alomenos 1 punto no apartado de Literatura e 1,5 no de Lingua e Análise de texto. En caso contrario, a nota da avaliación correspondente será como máximo 3 puntos, sen facer outras medias.
    1. Computaranse aquí os traballos de certa dificultade, que se valorarán, segundo o grao da mesma. A súa porcentaxe na nota será comunicada ó alumnado previa realización deste.
    2. A non presentación dos anteditos traballos, a copia dos mesmos ou dun exame suporá o suspenso da avaliación, na que se obterá como máximo 3 puntos. No caso do Bacharelato, tamén terá esa nota quen non demostre ter lido o libro de lectura obrigatoria.
  • Presentación adecuada de caderno, exames e redaccións. 
    • i.  Non se recollerán nin puntuarán os exames e traballos escritos a lapis, pois será obrigatorio empregar para os mesmos bolígrafo de tinta negra ou azul.
    • O feito de non entregar traballos, cadernos e redaccións en prazo sen causa xustificada equivale á non presentación dos mesmos, de xeito que serán corrixidos pero non avaliados.
    • Poderase baixar nota pola incoherencia, presencia de vulgarismos ou impropiedades, a puntuación incorrecta, a mala caligrafía e as faltas de ortografía. Tamén se penalizará o feito de non contestar as preguntas no espazo asignado para elas e a ausencia de marxes.As penalizacións impostas sobre a nota obtida seguirán estas directrices:
      • Cada falta das mencionadas descontará 0,1 punto.
      • Aplicarase un límite de faltas por nivel:
        • Máximo de 1 punto para 1º-2ºESO.
        • Máximo de 1,5 punto para 3º-4ºESO.
        • Máximo de 2 puntos para 1º-2ºBacharelato.

En caso de ter 25 faltas ou máis, descontarase o estipulado sen aplicar o límite establecido.

 

 

    

AVALIACIÓN INICIAL

  

Durante as primeiras semanas do curso farase a avaliación inicial, que será o punto de partida para desenvolver a programación da materia. Esta terá en conta as destrezas básicas do alumnado: ler, falar, escoitar e escribir; ademais, avaliará o grao de adquisición de coñecementos no estudo da Lingua e da Literatura. Para obter datos partiremos da observación das intervencións na aula, da lectura de textos e da realización de probas e traballos propostos.

 

    

AVALIACIÓN PARCIAL

Para obter a cualificación correspondente a cada avaliación teranse en conta a realización das actividades propostas, os traballos solicitados, os exames levados a cabo e as lecturas. A actitude servirá para redondear a nota á alza ou á baixa.

 

    

AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA

A  nota final do curso será a que resulte da media ponderada das tres avaliacións, sendo necesario ter superadas as tres para aprobar a asignatura.

No caso de 1º e 2º da ESO, dado que os contidos desenvolvidos son susceptibles de aplicar a avaliación continua, para aprobar esta avaliación final cómpre ter aprobadas alomenos a 2ª e 3ª avaliación. Se só se suspende a 3ª, o Departamento resérvase a decisión en función da análise individualizada da evolución do alumno en cuestión. No caso de que só  se aprobara a 3ª, o dito aprobado terá que ser amplo e efectivo.

En 2º de Bacharelato, co fin de beneficiar ó alumnado desta materia, tomarase como nota final a máis alta da resultante entre a media aritmética das tres avaliacións ou a da 3ª. Ademais, de selo caso, a profesora poderá reconsiderar na sesión de avaliación a nota de calquera alumno que aprobe todas as materias e alcance alomenos un 4 en Lingua castelá e Literatura II.

 

    

AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA

O alumnado que non superase a materia terá dereito a un exame en setembro, que incluirá contidos de toda a materia interrelacionados. A cualificación obtida no exame suporá o 100% da nota final. Se algún alumno/a fose só cunha parte da materia, a nota do exame fará media coa parte da materia aprobada en xuño.

Se o alumnado chega tarde ó exame 15 minutos ou máis sen causa xustificada perderá o dereito a facelo, entendéndose suspensa a materia. 

 

    

RECUPERACIÓN DA MATERIA NO CURSO

En 1º e 2º de ESO a avaliación é continua e aterase ó mencionado na avaliación final ordinaria.

Nos restantes cursos a recuperación da avaliación suspensa levarase a cabo no exame correspondente á avaliación en curso (contestando as preguntas pertinentes, ben sexa da parte de lingua ou de literatura). Realizarase á parte a recuperación da lectura obrigatoria (no caso de que se tivese suspensa). 

Ó final do curso realizaráselle ó alumnado que non superase algunha avaliación un último exame de recuperación dos contidos correspondentes á mesma. A cualificación deste exame terase en conta, xunto co traballo realizado durante o curso, para obter a puntuación correspondente na avaliación final ordinaria.

As recuperacións que se leven a cabo durante o curso serán computadas como máximo con 5 puntos. Non será así no caso de setembro, onde se cuantificará a nota obtida no exame correspondente.

No caso de que algún alumno/a perda o dereito a avaliación continua, terá dereito a un exame final en xuño que incluirá todos os contidos desenvolvidos durante o curso. A cualificación obtida no dito exame suporá o 100% da nota. 

 

    

REFORZO E RECUPERACIÓN DE PENDENTES

O alumnado terá dereito á realización dunha proba que lle permita superar a materia pendente do curso anterior en maio e setembro. Neste caso, deberá facer tamén en cada avaliación as actividades de reforzo que lle propoña o profesorado da materia e/ou aprobar o exame que se axustará ós obxectivos, contidos e criterios de avaliación establecidos para o curso no que teña pendente esta  materia. A xuizo do profesorado encargado en cada caso poderase dividir esa única proba en dous/tres exames. Nese caso a cualificación final obtida será a media ponderada entre eles.

 No caso de 1º BAC, a proba poderase dividir en dous exames: un referido a contidos literarios e outro de contidos lingüísticos. Para superar a materia pendente farase unha media ponderada entre ambos exames e/ou teranse en conta as actividades de reforzo realizadas polo alumnado.

 En setembro seguiranse os mesmos criterios, pero non se terán en conta as actividades de reforzo e a cualificación obtida na proba suporá o 100% da nota.

 No caso do alumnado de PDC que teña a materia pendente, proporanse actividades de reforzo que serán entregadas ó profesor do Ámbito lingüístico correspondente, quen as dará ó alumnado que deberá presentalas feitas na data establecida para que o Departamento de Lingua castelá e Literatura as corrixa no prazo previamente establecido. De realizalas adecuadamente e superar a 1ª e 2ª avaliación do Ámbito lingüístico, terá aprobada a materia. En caso de acadar unha avaliación negativa, o alumnado terá dereito a realizar o exame de recuperación de pendentes que se convoque en maio para o resto do alumnado. O departamento considerará aprobado o alumnado de PDC que supere o Ámbito Lingüístico en xuño do curso correspondente. Os alumnos que aínda así non acaden o aprobado, deberán presentarse en setembro e facer o exame extraordinario convocado para o alumnado coa materia pendente no correspondente curso.