O IES San Rosendo premiado pola súa decoración de Nadal
O IES San Rosendo foi galardonado co segundo premio, na categoría colectiva, no I Concurso de Adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’, a través do que o Concello de Mondoñedo invitou a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante este Nadal.