Matemáticas na Raia 2018

O pasado xoves 19 de abril o alumnado de 3º ESO participou no concurso "Matemáticas na Raia".

 Matemáticas na Raia é un concurso anual de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). Está pensado para alumnado de3º ESO en Galicia e 9º Grao en Portugal.

 A proba consistiu en resolver, en hora e media, cinco problemas por equipos de clase completa, como podemos ver nas fotos.

 

Desde o departamento de matemáticas queremos agradecervos a vosa paixón e esforzo demostrados durante a realización da proba. Agardamos que sigades no día a día coa mesma ilusión que nos transmitistes cara afóra aos organizadores. Sexa cal sexa o resultado, entre todos logramos o obxectivo principal: disfrutar das matemáticas colaborando en equipo. Seguro que tamén quedaron detalles que mellorar, pero iso quedará para outras ocasións, para as cales vos animamos a seguir participando.