Documentación

Axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2017

Publicada a Orde do 2 de febreiro de 2017, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. 

  - prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo. 

  - Cartel informativo 

 - A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Probas libres para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato

Publicadas as convocatorias das probas libres para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos e para o título de bacharelato para maiores de 20 anos.

No seguinte enlace está toda a información:


                                      

Bolsas para bacharelato e ciclos formativos

Becas generales 2016-2017

Prazo: 16 Agosto / 3 de outubro (ambos incluídos)

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

A Orde do 27 de abril de 2016  regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Orde do 27 de abril de 2016 (DOG)

Prazo para presentar solicitudes
 
  • 1. O prazo para presentar solicitudes iniciase o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
  • 3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/axudasle_portada.gif

 

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016

 

PAU 2015-16

Distribuir contido