Información e saídas profesionais

A Xunta dota ao IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo dun simulador forestal para as ensinanzas da FP de Agraria


Os conselleiros de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; e de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitaron o venres 1 de febreiro o IES Plurilingüe San Rosendo, en Mondoñedo, onde puideron comprobar o funcionamento do simulador forestal co que estes departamentos veñen de dotar o centro. Este equipamento, dirixido ás ensinanzas de FP da familia profesional de Agraria, contribúe a mellorar a cualificación do alumnado, de tal forma que os titulados conten cunha cualificación que responda ás necesidades do sector agroforestal.

Acreditación de competencias. Convocatoria 2020

Publicada a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Entre as unidades de competencia obxecto de acreditación están varias pertencentes ao ciclo formativo Aproveitamento e conservación do medio natural.

Importante

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.

Máis información sobre o proceso de acreditación de competencias profesionais


Este é o enlace onde consultar toda a información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29807

Premiados proxectos empresariais dos alumnos de Ciclos Formativos do IES San Rosendo

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo entrega dos premios do concurso Lanzadeiras!, enmarcado no programa Eduemprende, que durante o presente curso involucrou a 1.442 alumnos e 171 profesores de doce centros educativos de secundaria da provincia de Lugo.

O terceiro premio foi para os alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e Floraría e do ciclo formativo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, cunha miniempresa dedicada á venda de plantas aromáticas, de produtos obtidos delas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos, e de fragrancias e fitosanitarios.

 

 

O alumnado do IES San Rosendo participa no Galicia Skills 2018

 

 

 

 

 

  • Por parte do IES San Rosendo Cristina Ares Rivas (asesorada pola súa titora Mª Ángeles Camino) participará na competición de Florería e Diego Miguel Barbosa Oliveira e Adrián Leivas Cornide (preparados polo seu titor Fernado Iglesias) na de Xardinaría Paisaxística.

 

 

Inicio do curso (Ciclos Formativos de Formación Profesional)

O lúns 17 de setembro ás 12:30 horas terá lugar nas instalacións da Granxa a presentación dos Ciclos Formativos de FP (Xardinería, Dual e Superior)

 

          MATRICULATE

 

 

Ciclo medio APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

  • PRÁCTICAS REMUNERADAS (en 1º e 2º curso)

  • ALTA NA SEGURIDADE SOCIAL

  • Convenio coa Asociación Provincial de Empresarios de la Primera Transformación de la Madera de Lugo.

 

Ciclo básico AGROXARDINARÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS

Ciclo medio XARDINARÍA E FLORARÍA

Ciclo superior XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL

O IES San Rosendo no FP Innova 2018

 

A miniempresa Benestar vexetal Biomondo, formada polos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Ciclo Medio de Xardinaría do IES San Rosendo, participa na terceira edición do Congreso FP Innova os días 25, 26 e 27 de abril de 2018. Alí, xunto con outras miniempresas de Galicia mostra os seus traballos.

Distribuir contido