You are hereClub de lectura

Club de lectura


PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE MANGA

O pasado martes 24 de novembro celebramos a primeira sesión do noso recentemente estreado Club de Manga.

Reunímonos moi ilusionados na biblioteca coa intención de presentarnos antes de empezar a compartir a nosa paixón por este subxénero literario de orixe xaponesa.

 

Para quentar motores tratamos de establecer unha clasificación dos distintos xéneros de manga:

 

Pero pronto pasamos ao que máis nos apetecía: presentar ante os nosos compañeiros os nosos mangas favoritos.

 

Realmente foi unha xornada moi intensa!!!

ANDREA MACEIRAS, O QUE SEI DO SILENCIO

Despois de realizar unha entrevista por parte dos Correspondentes Xuvenís para a revista do centro, a autora desenvolveu unha xuntanza co alumnado de 3º de ESO que lera a súa obra, O que sei do silencio, e que trata a temática do acoso escolar.

Comezou por ler un conto, como os que ten intercalados a novela, para, posteriormente, iniciar un interesante diálogo cos alumnos.

HÉCTOR CAJARAVILLE: A CAIXIÑA DOS RANCORES

12/03/2019

 A partir da sentenza a Estevo por parte da xuíza Fonseca, ir todos os martes á casa de Mercedes Alemparte (Chiruca) por atropelala coa moto, prodúcese unha interrelación interxeracional entre uns mozos e unha señora maior: son capaces de entenderse, dialogar e reflexionar moi atinadamente sobre os seus mundos, tan afastados no tempo e tan distintos nas vivencias. 

O NENO CAN DE FRANCISCO CASTRO E FINA CASALDERREY

 

É unha obra de doada lectura que permite reflexionar sobre diversos temas, entre eles, o tema da auga que traballamos no Proxecto de Dinamización, Vieiros de auga.

Por outra parte, supón un compromiso cos máis desfavorecidos, tanto na temática, como na finalidade de parte dos beneficios da venda da obra (Galaxia destínaos a UNICEF).

 

FRANCISCO CASTRO: IRIDIUM

 

O alumnado leu con moito pracer a obra. Todos coinciden en valorar moi positivamente a novela.

Comentáronse con moito interese algunas das temáticas da obra e das particularidades da súa protagonista. Así, algúns dixeron que lles encantaría ter un ollo de cada cor, por exemplo.

CLUB DE LECTURA DE POESÍA. EVA VEIGA

MARTES, 06/11/2018          15.45-16.30 NA BIBLIOTECA          ALUMNADO DE 1º DE ESO

Como poeta vocacional definiu a Eva Veiga, Pedro, o profesor encargado de coordinar esta primeira sesión do club Nós tamén lemos, coa que iniciamos con ilusión unha nova andaina neste curso 2018/19.

Eva é unha poeta que sentiu a súa vocación desde ben nena e transmitiu esa paixón a todos os presentes.

Para ela a poesía ocúpase da realidade soñándoa e mostrounos ben como a linguaxe poética transforma a realidade cotiá. A lírica é, para ela, unha relación afectiva co mundo e unha acción libertaria.

A poeta estableceu un diálogo moi interesante cos participantes, que tamén explicaron que é para eles a poesía. A aprendizaxe foi mutua e todos vivimos unha sesión ateigada de emocións.

Eva Veiga recitounos dous poemas, un deles adicado a nós, que agradecemos profundamente. Sempre é unha experiencia inesquecible compartir lecturas cos escritores.

 

CLUB DE LECTURA SOBRE DENÉBOLA, A ROXA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O día 3 de abril, recén chegados de vacacións,  celebramos unha nova sesión do Club de Lectura,  sobre o libro de Hector Cajaraville,  Denébola, a Roxa,  con alumnos e alumnas de 1º de ESO. 

Para coller forzas, compartimos uns ricos freixós que cociñou Pedro e logo  debatemos sobre o libro que nos deu moito xogo, pois a través das aventuras dunha rapaza que viviu no ano 1600, falamos de piratas, de superación, da loita das mulleres para escoller o seu destino, de supersticións… 

Interesantes reflexións dos participantes!

        

Club de Lectura de Poesía

 O día 28 de novembro tivo lugar na Biblioteca unha nova sesión do Club de Lectura.  Nesta ocasión estaba destinada aos alumnos de 1º de ESO. Unha vez máis os máis pequenos sorprendéronnos  coa súa sensibilidade e espontaneidade. Todos eles recitaron poemas que eles mesmos escolleron nunha selección de libros aos que puideron acceder na mesa de poesía  que se montou na Biblioteca. 

CLUB DE LECTURA 14 NOVEMBRO

Un numeroso grupo de alumnos de  2ª,3ª e 4ª de ESO debateron sobre  a obra de Francisco Castro e Fina Casalderrey, O neno can, Ed. Galaxia. Que ademais de permitirlles   reflexionar  sobre os dereitos da infancia e a súa conculcación sistemática en moitas partes do mundo, supón un compromiso cos máis desfavorecidos,  pois parte dos beneficios da venda da obra  son destinados por Galaxia  a UNICEF).

Foi un encontro moi produtivo que  continuará  a través dunha videoconferencia co autor.

Club de lectura sobre O principiño de Antoine de Saint- Exupérie

 

O pasado martes, 30 de maio,realizaronse na Biblioteca dúas sesións do Club de lectura sobre O Principiño. A primeira estivo destinada aos alumnos de 1º de BAC e a segunda aos de 1º de ESO.

Puxéronse en común opinións e interpretacións sobre os personaxes e o sentido deste marabilloso libro, que dá xogo con alumnos e alumnas de todas as idades.