You are hereClub de lectura

Club de lectura


Club de Lectura: El señor del cero 09/05/2017

Nós, tamén camiñamos polas Matemáticas.

Os alumnos de 1º de ESO participaron nunha sesión  do Club Debate para compartir o libro de Isábel Molina El señor del cero. Cristina, a profesora de Matemáticas, dinamizou a sesión na que  descubrimos a historia do número cero e a súa importancia nas Matemáticas e nas nosa vidas.

Tamén a novela,  a presentación e os  breves vídeos proxectados   serviron para reflexionar sobre a historia, os mosteiros medievais,  a toleracia / intolerancia…

Foi unha sesión moi interesante e orixinal.

Club de Lectura musical

Resultou moi interesante a sesión  do Club de lectura musical dirixida pola profesora de Música, Victoria.

 

A través dunha serie de pezas musicais, os participantes reflexionaron sobre as súas semellanzas e diferenzas, sobre as letras, as melodías....  A atención, a reflexión e a interrelacion de  música, poesía e diálogo conseguiron unha interesante e orixinal sesión. 

CLUB DE LECTURA. (14/02/2017)

Núñez Singala, autor do libro Instrucións para tomar café, foi un invitado de luxo no Club de Lectura para  compartir  connosco a súas opinións e moitas das súas vivencias e estratexias relacionadas co seu oficio de escritor. Foi unha sesión interesante e divertida.

Lectura de poesía o 31 de xaneiro

Club de lectura de poesía no que os participantes de 1º e 2º de ESO camiñaron pola poesía recitando, debatendo, cantando ou interpretando fermosos poemas escollidos por eles mesmos. Foi un encontro moi interesante e emocionante

20 de Decembro. Eu son Suleiman

A través de vídeoconferencia, os alumnos de 1º de BAC conectaron con Antonio Lozano, autor do libro Eu son Suleiman e cun mozo inmigrante de Mali que viviu experiencias moi parecidas ao protagonista do libro. Aproveitando recursos TIC e desde un enfoque integrador das linguas o alumnado de BACH do IES Saturnino Montojo e o do IES Punta Candieira de Cedeira compartiu os duros camiños dos migrantes. 

Empregando o galego, o francés e o castelán refixemos o camiño de Suleiman, un camiño de sufrimento, de angustia e de morte, pero tamén un camiño cheo de esperanza e loita para conseguir o soño da dignidade, da liberdade e da xustiza social.

Reunión do clube de lectura sobre o libro O ferreiro da lúa chea

O martes día 22 de novembro tivo lugar na Biblioteca unha nova sesión do Club de  lectura sobre o libro O ferreiro da lúa chea de Mª Isabel Molina. Participaron os alumnos de 1º de ESO  e algúns profesores. A sesión estivo moi animada e transportounos ao Camiño de Santiago na Idade Media.  Repetiremos , porque os libros abren camiños,  e máis cando se comparten.