Skip to Content

Festival de teatro grecolatino

   

    O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO e de Latín e Grego de Bacharelato, acompañado polo profesorado destas materias, acudiu o martes 1 de marzo á representación de Electra de Sófocles e Asinaria de Plauto no teatro Colón da Coruña.

    Ambas obras foron representadas polo Grupo Párodos, premio nacional de teatro clásico do Ministerio de Educación, e formaban parte da programación do XVI Festival de Teatro Grecolatino.

    Todos os participantes nesta actividade quedaron encantados coa profesionalidade dos actores e ao remate das obras un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato foron aos camerinos para felicitalos polo seu traballo.



page | by Dr. Radut