Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Admisón de alumnado para o curso 2024-2025. Publicación de listaxes provisionais.

       

    Hoxe, xoves 25 de abril, procedeuse á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2024-25.

    As listaxes están expostas no panel da entrada do IES Sofía Casanova.

    Poderase interpoñer reclamación ás listaxes ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Xavier Alcalá visita o Sofía no día do libro

   

      Esta semana estamos a celebrar o Día do Libro con varias actividades, así o propio 23 de abril visitounos o escritor Xavier Alcalá para falarnos do ardúo proceso para pasar a súa coñecida novela A nosa cinza á novela gráfica Cinza coa axuda do debuxante Manel Cráneo.

     O alumnado de 1º de Bacharelato do Club de lectura de novela gráfica foron público desta animada charla, e tamén falaron con el admiradores de 2º de bacharelato. Aquí vemos ao autor asinando algunhas das súas obras que temos na nosa Biblioteca.

Visita a ASPACE Coruña

   

     Alumando de Tecnoloxía visitou as instalacións de ASPACE Coruña dentro do proxecto Talentos Inclusivos.

      Durante a xornada coñeceron os diferentes espacios que conforman a entidade: as Residencias, o Centro de Día e o Centro Educativo. Falaron con usuarios e con psicólogos, fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais que lles explicaron as funcións que levan a cabo na entidade. O alumnado tamén falou da evolución dos proxectos nos que están a traballar.

Bolsas de estudo MEC para o curso 24/25

 

   Ata o 10 de mayo de 2024 ás 15 h poden solicitarse bolsas de estudo para o curso 2024/25.
    Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

    Poderán ser beneficiarios das distintas contías os/as alumnos/as que no ano académico 24/25 cursen: 
     Bacharelato
     Ensino Universitario
     Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
    Formación Profesional de grao medio e de grao superior
    Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
    Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
    Ensinanzas deportivas
    Estudos relixiosos superiores
    Formación Profesional de Grao Básico
                   Máis información 

Admisón de alumnado para o curso 2024-2025. Entrega de documentación.

       

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2024-25, informamos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 2º,  e 4º cursos de ESO e 1º de Bacharelato deberán entregar na Secretaría,(se non o entregaron no prazo de admisión), a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan.

    É preciso aportar un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

    Prazo: desde o 21 de marzo ata o 8 de abril.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

 

 A Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, establece as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato.

     Os niveis de competencias dixitais que se acreditan son: iniciación e intermedio.

   Aquí poden consultarse os niveis de acreditación, requisitos para obter a acreditación, métodos de inscrición para as probas, calendario das probas e modelos das mesmas.

Admisión de alumnado para o curso 2024-25. Proceso ordinario de admisión

                O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

    A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.     

   As persoas solicitantes poderán: 

                   

 - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

  - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial.

       Ver zona influencia do centro

Visita de ASPACE

   

      O 16 de febreiro tivo lugar a xornada de sensibilización do proxecto Talentos Inclusivos.

     Jorge, Marcos e Julio (veciño de Ferrol), usuarios de ASPACE Coruña, acompañados por Iria e Irene visitaron o noso centro. Faláronos da parálise cerebral, da súa estadía en ASPACE como centro de día, do seu ocio... Tamén conversaron co alumnado sobre os retos que vai facer o instituto este ano, un soporte para mòbil e unha "axuda para abrir portas", os rapaces preguntáronlle as dúbidas que tiñan.

     Noticia en redes: ASPACE, Talentos Inclusivos

Distribuir contido


by Dr. Radut