Skip to Content

Diversidade e xénero na literatura: unha experiencia de lectura no IES Sofía Casanova.

   

     Durante este curso 17-18, puxemos en marcha no centro unha experiencia para traballar coa diversidade e o xénero dende as clases de lingua e literatura.
    Aproveitando o material da "Maleta Viaxeira" aportada pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do CFR de Ferrol, desenvolvemos un proxecto de lectura no que aprendemos sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella ou a violencia de xénero, entre outros temas.
    O realmente relevante desta experiencia foi o feito de que non so partipou o alumnado, senón que ademais contamos coas experiencias de lectura de profesorado, familias e os clubs de lectura da nosa activa biblioteca. 

    Se queres saber máis do nosa experiencia, visita esta páxina: Diversidade e xénero na literatura: unha experiencia de lectura no IES Sofía Casanova e poderás ver os membros da nosa comunidade educativa compartindo as súas experiencias de lectura, coma esta sobre o libro "O diario violeta de Carlota" de Gemma Lienas Massot y Mª Fernanda González Briones. Ed. Galaxia.



page | by Dr. Radut