Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Bono-Bocata

bono bocataO BONO-BOCATA é un servizo da cafetería do centro que permite adquirir cinco medios bocadillos de 0,85€. Deste xeito as familias que o desexen poden organizar o 'bocata' de media mañán sen que os seus fillos  teñan que manexar cartos, asegurándose asi mesmo de que fan unha dieta equilibrada e saudable.

Programa de cesión de libros de texto para o curso 2009-2010

Segundo informa unha circular informativa de agosto, a consellería informa aos centros que o programa de gratuidade de libros mantense para a ESO neste curso 2009-2010. A primeiros de setembro o centro comunicará o procedemento para a tramitación da solicitude de libros.

Poden consultarse as convocatorias neste enlace e ler a circular na seguinte páxina.

INFORMACIÓN AOS CENTROS EDUCATIVOS A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo. Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares. A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles. Implantación progresiva O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos. Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009 O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS José Manuel Pinal Rodríguez

Exames extraordinarios de setembro 2009

Pódense consultar os días e horas de cada materia na páxina seguinte.

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE PENDENTES

E. S. O.
MARTES,1
8:30 - 9:20 Física e Química 3º / Ed. Física, 1º / Ed.Plástica e Visual, 1º e 3º
9:20- 10:10

L. Española 1º, 3º/ Música 2º

10:10 - 11:00

Francés 1º, 2º / Inglés 1º, 3º

11:00 - 11:50

Ciencias 1º, 2º, 3º

11:50 - 12:40

L. Galega 1º, 2º, 3º / AMCI 3º

12:40 - 14:10

Matemáticas 1º, 2º, 3º

16:30 - 17:50

Tecnoloxía 1º, 2º. 3º

17:50 - 19:10

CSXH 1º, 2º, 3º

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE PENDENTES

1º BACHARELATO
MARTES , 1
8:30 - 9:50 Inglés / Ling. e Lit. Galega / Matemáticas I / MACS I

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS - 1º E.S.O. (GRUPOS A, B, C)

 

MÉRCORES, 2

XOVES, 3

8:30 - 9:50 Matemáticas Lingua Castelá
9:55 - 11:15 EPeV Educación Física
11:20 - 12:40 Inglés Língua Galega / Historia Cult. Relix.
12:45 - 14:05 Ciencias da Natureza Francés
16:30 - 17:50 Ciencias Sociais -----

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS - 2º E.S.O. (GRUPOS A, B, C)

 

MÉRCORES, 2

XOVES, 3

8:30 - 9:50 Música Educación Física
9:55 - 11:15 Matemáticas Lingua Castelá
11:20 - 12:40 Ciencias da Natureza ECDH / HCR
12:45 - 14:05 Inglés Francés
16:30 - 17:50 Tecnoloxía  Língua Galega
17:50 - 19:10 Ciencias Sociais -----

 

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS - 3º E.S.O. (GRUPOS A, B, C, D)

 

MÉRCORES, 2

XOVES, 3

8:30 - 9:50 Música Educación Física /
Ciencias Natureza /OIE
9:55 - 11:15 Língua Galega Ciencias Sociais /AMCI (segue)
11:20 - 12:40 Lingua Castelá Matemáticas / AMCI (continuación)
12:45 - 14:05 Inglés Física e Química
16:30 - 17:50 Tecnoloxía Educ. Plástica e Visual

 

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS - 4º E.S.O. (GRUPOS A, B, C, D)

 

MÉRCORES, 2

XOVES, 3

8:30 - 9:50 Bioloxía e Xeoloxía Música / Física e Química / OIE
9:55 - 11:15 Matemáticas (A e B) Língua Galeg
11:20 - 12:40 Ciencias Sociais   Educación Ético Cívica
12:45 - 14:05 Educación Física / Tecnoloxía/ Francés Lingua Castelá
16:30 - 17:50 Inglés Educ. Plástica e Visual /Latín

 

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS - 1º BACHARELATO

 

MARTES, 1

MÉRCORES, 2

8:30 - 9:50 Filosofía e Cidadanía Matemáticas I /MACS I /Latín
9:55 - 11:15 Física e Química / Economía Líng. Castelá
11:20 - 12:40 Ling. Lit. Galega Biol. Xeol. / CMC / Deb. Téc. / HMC
12:45 - 14:05 Inglés Ed. Física

 

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS - 2º BACHARELATO

 

MARTES, 1

MÉRCORES, 2

8:30 - 9:50 Música / Hª Música Ling. Galega
9:55 - 11:15 Métodos Est. Num. / Francés Historia
11:20 - 12:40 Matemáticas II / MACS II /CTM / Deb. Téc. Bioloxía / Física / Latín / Xeografía
12:45 - 14:05 Química /EOE / Hª Arte Filosofía
16:30 - 17:50 Ling. Castelá Inglés

 

 

EXAMES PROBAS LIBRES DE MÓDULOS PENDENTES. C.S. Ed.Infantil - LOXSE

 

MARTES, 1

MÉRCORES, 2

 XOVES, 3
 VENRES, 4
9:30 - 12:30 Afectivo - Teórico DCM / Animación-Tórico  Expresión-Teórico Didáctica- teórico
16:30 -18:30 Afectivo - Práctico DCM / Animación-Práctico  Expresión-Práctico  Didáctica-Práctico

 

Criterios específicos de avaliación das Probas de Acceso á Universidade

Pódense consultar na páxina da CIUG na seguinte ligazón

Petición para o alumnado de anteriores promocións de Ciclos Formativos do IES Sofía Casanova

axencias de viaxesRógase ao alumnado de promocións anteriores dos Ciclos Formativos Superiores de Educación Infantil, Axencias de Viaxes e de Información e Comercialización Turística que o desexen, fagan chegar ao centro o seu curriculo actual para poderllo ofertar ás empresas que se poñen en contacto co centro.

O centro recibe peticións de curriculos por parte de empresas interesadas nestas especialidades, o que vai permitindo atopar emprego ao alumnado que remata os ciclos.
Os datos poden dirixirse ao correo electrónico do centro ies.sofia.casanova@edu.xunta.es á atención dos Departamentos de Infantil ou Turismo. Esperamos que esta iniciativa permita conectar áxilmente as empresas con titulados cualificados.

O Primeiro Premio no XXXVII Certame Literario Minerva 2009 de Poesía para Federico Pedreira Nores

Federico Pedreira Nores, alumno de 1º curso de Bacharelato do IES SOFÍA CASANOVA consegue o Primeiro Premio entre as 44 poesías presentadas ao concurso de Poesía Minerva 2009, convocado polo Colexio Peleteiro de Santiago coa súa triloxía "Pausas". Noraboa a Federico nesta a súa primeira incursión na poética.

Os premios serán entregados o vindeiro 19 de maio en Santiago.

Pódese atopar a referencia neste enlace: 

http://www.galicia-hoxe.com/index.php?idMenu=3&idNoticia=425123&idEdicion=1244

Concurso RECOATLÁNTICO

O IES Sofía Casanova está inscrito no concurso Recoatlántico, promovido pola empresa RECOATLÁNTICO, adicada a recuperación de consumibles de impresoras.

- Trátase de recoller a maior cantidade posible de cartuchos baleiros de tinta (ink-jet) ou toner (laser).
- Non serven os de fotocopiadora.
- Cantos máis cartuchos sexamos capaces de recoller máis posibilidades temos de conseguir premios.
- Necesitamos como mínimo 300 puntos = 300 cartuchos. (aínda que non todos valen o mesmo)

 

Colabora co centro Reciclando,
!! Non tires ao lixo o cartucho baleiro, traino ao centro"

Podedes conseguir cartuchos implicando aos vosos familiares, pedindolles incluso que traian os cartuchos baleiros dos seus traballos.

COLABORA
Distribuir contido


by Dr. Radut