Skip to Content

Xefatura de estudos

Exames xuño 2022

      
 
     

Información de final de curso 21/22

      A publicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, provocou unha serie de cambios con respecto á planificación do curso que se concretan na  ligazón.

Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas. Curso 2021-2022

        Xúntase a circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Xornada de portas abertas 2022

   

    O próximo día 21 de febreiro de 2022 no salón de actos do noso centro terá lugar a xornada de portas abertas.

    Haberá unha sesión ás 16:30 para o alumnado da ESO e outra ás 17.30 h para o alumnado de bacharelato.

    Para calcular o aforo é preciso que as persoas interesadas en asistir cubran esta enquisa.

Entrega dos boletíns de cualificacións. Setembro 2021.

     
 

    O luns 6 de setembro entregaranse os boletíns de cualificacións

de 4º ESO  e 1º bacharelato ás 12:30 h.

    O martes 7 de setembro entregaranse os boletíns de cualificacións

de 1º, 2º e 3º ESO  ás 11:00 h.

Entrega dos boletíns de cualificacións. Xuño 2021.

     
 

    O luns 28 de xuño entregaranse os boletíns de cualificacións.

1º e 3º ESO ás 10:00 h.

2º e 4º ESO ás 11:00 h.

1º Bacherelato ás 12:00 h.

 

Adiamento do inicio do curso

     O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, en concreto aos días 23, 24 e 25 de setembro.

Exames setembro 2020

    

 
Distribuir contido


by Dr. Radut