Saltar navegación.
Inicio

Club de lectura

O CLUB DE LECTURA RECIBIU A VISITA DE MARÍA RODRÍGUEZ ESCRITORA E PSICÓLOGA .

Para escoitar a entrevista CLICA AQUÍ

O venres 4 de febreiro o Club de lectura do alumnado de 2º e 4º de ESO recibiu á escritora e psicóloga María Rodríguez, nacida en Vigo cando Neil Amstrong pisou a Lúa, como a ela lle gusta dicir. Durante case dúas horas, charlaron e compartiron lecturas e confidencias na nosa biblioteca, a carón dos micros que dende hai unhas semanas nos acompañan e que serviron para deixar testemuño da conversa. Unha das alumnas participantes, Lucía López, viviu así a experiencia:

COMEZAMOS CO CLUB DE LECTURA CURSO 2021-22

O 2 de novembro  foi a primeira reunión do Club de lectura do curso 2021-22 co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e decidimos ler o libro de Patrick Ness: "Un monstruo viene a verme".

O 9 de novembro comezamos coa lectura.  Nestes días puxeron na televisión a película baseada no libro pero iso aínda nos motivou  máis.

Penúltimas tendencias: escolma e recitado

Durante o terceiro trimestre botou a andar un club de lectura con alumnado de 4ºESO, coa lectura do clásico de Salinger O vivía no centeo.

Despois animámonos coa poesía, e o boca orella da estupenda recepción de PENÚLTIMAS TENDENCIAS de Carlos Negro, fixo que se fose animando máis e máis xente, e todos comprobaron que a poesía presta. Velaquí os tedes seleccionando os seus poemas favoritos e reflexionando sobre a lectura.

MARCAPÁXINAS RECORDATORIO DOS LIBROS LIDOS DURANTE O CURSO 2020-21

Aquí temos o marcapáxinas recordatorio dos libros lidos durante o curso 2020-21 polos compoñentes do club de lectura.

SESIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA

 E na sesión final do club de lectura  os rapaces dixeron:

" Viñamos a gusto".

" Hai pouco que cambiar".

" Os xogos da fame foi o libro que máis me gustou".

" O intercambio de propostas entre o alumnado e o profesorado foi o que máis me gustou".

" Debemos promocionar máis o club de lectura".

" Debemos abrir máis o club de lectura cara fóra".

" Podemos valorar o horario, en vez dos recreos talvez facelo os luns de 3 a 4."

E este foi o agasallo que recibiron os alumnos/as:

MIGUELANXO PRADO AGRADÉCENOS QUE O LEAMOS.

 O historietista MiguelAnxo Prado, envianos o seu agradecemento por ler a súa última obra: O pacto do letargo.

COMENTANDO o LIBRO DE JORDI SERRA I FABRA "CAMPOS DE FRESAS".

Comentarios sobre o libro de Jordi Fabra i Serra: Campos de fresas.

" É duro pero ten un final feliz" Iago

"A lección máis importante é que hai que seguir adiante e non centrarse no pasado". Aldana

"O personaxe máis responsable e serio é Eloy. É estudoso e desexa ser médico." Sergio, Aldana, Iago

"Semella que o personaxe de Loreto está para engadir". Iago

"Aparecen varios problemas: o consumo de drogas, a apariencia(os trastornos alimenticios".Sergio

"O xornalista só busca gañar diñeiro coas portadas" Sergio

O NOSO CLUB DE LECTURA

Unha imaxe -neste caso tres- vale máis que mil palabras. Velaiquí o club de lectura. O niño do Brión ó completo: sete mentes inquedas e cinco corazóns abraiados e agradecidos polo que recibimos en cada sesión de todos vós: reflexións e opinións sen desperdicio, as vosas recomendacións literarias e, especialmente o goce de compartir historias e vivencias. Grazas!!

En maio lemos " Campos de fresas".

Comezamos o mes de  maio lendo "Campos de fresas" de Jordi Serra i Fabra.

Distribuir contido