Saltar navegación.
Inicio

Música

CONCERTO DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO MATRICULADO EN LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL CO ALUMNADO DO CENTRO JUAN MARÍA.

Hoxe, 19 de decembro de 2023, tivo lugar o primeiro concerto musical entre os centros IES Val Miñor e o Centro Juan María de Nigrán.

Queremos felicitar ao alumnado de 1º de ESO matriculado en linguaxe e práctica musical do IES e, especialmente  a Iago e André do Centro Juan María polo seu bo facer.

CAMBIAMOS AS LETRAS

O departamento de música en colaboración co departamento de galego xogou coas letras de cancións coñecidas e aquí está o resultado.

Novo disco: Hasme Oir da Banda da Loba - Homenaxe a Xela Arias

Fermoso homexane a Xela neste disco, especialmente coa estrea o domingo 16 de maio, do videoclip do poema Dario a Diario:

CONCURSO EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS

O alumnado de 2º da ESO realizou instrumentos musicais con obxectos reciclados. Se queres ver as fotos do resultado CLICA aquí ou na imaxe

Tanxugueiras

Midas, o tema máis novidoso de Tanxugueiras, no que hai unha fusión entre a música tradicional galega e o urbano!

Tanxugueiras, mulleres "empoderadas" con un son moi característico e persoal.

ACORDEIRETA

Recomendamos a publicación de Loitar Cantando, o último disco Acordeireta.

Son de moi pretiño, Saiáns.

Nesta obra recopilan pezas inéditas coma: "Rinconciño de Galicia " de Avelino Abril, veciño de Saiáns e membro da charanga "Os leóns de Camos".

Distribuir contido