Saltar navegación.
Inicio

Educación Plástica

Pintando Versos

Para recibirmos a Joaquín Araújo o pasado mes de abril, engalanamos o centro con ilustracións feitas polo alumnado a partir dunha escolma de poemas onde se recollía o amor pola terra e a natureza.

Velaquí o resultado deste proxecto interdisciplinar onde participous alumnado de distintas etapas coa participacións dos departamentos de Educación Plástica e Visual, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Galega e Literatura e ao coidado da Biblioteca e o EDLG.

 

VOLTAMOS A FESTEXAR O SAMAÍN

Agradecemento a aqueles que colaborastes na montaxe da decoración para crear este ambiente de Samaín.

Federico Fernández, un Premio Nacional de Ilustración, no IES Val Miñor.

Hoxe, 22 de outubro de 2021, visitounos Federico Fernández que entre outros galardóns, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 por "¿Dónde perdió Luna la risa?.  A súa charla estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato matriculado en Debuxo Artístico. Dámoslle as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración para que esta visita se puidera realizar e a Federico polo seu bo facer, a súa  humildade e a súa profesionalidade.

Cerámica castrexa de regreso xa cocida para os nosos alumnos!

Fomos até a Fundación Terra Termarum a recoller a pezas xa cocidas dos nosos alumnos! Chegaron a punto para que as puidesen levar para casa antes de rematar as clases. Moi orgullosos dos nosos artistas!

Distribuir contido