Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

IDEAS PARA AS COREOGRAFÍAS DE COMBAS.

Vos tamén sodes capaces . Clicando neste enlace verás o que se fixo o curso2018_19 CLICA, no curso 2015-16 CLICA Así que este ano estou convencida de que tamén seredes quen de asombrarme. 

FINAL DO TORNEO DE TENIS DE MESA

Queremos manifestar o noso agradecemento á AD Vincios Tenis de mesa, que permitiu realizar un adestramento aos finalistas e gañadores do torneo do recreo.

SOMOS CENTRO CARDIOPROTEXIDO

Cantos máis mellor, 

The more the merrier,

Plus on est, plus de vies sauvées

O centro vólcase un ano máis na formación do alumnado e persoal do centro en técnicas de RCP, manexo do desfibrilador e intervencións de primeiros auxilios. Desde o curso pasado contamos cun desfibrilador, grazas a aportación do concello, situado na planta baixa do edificio e que está geolocalizado e dado de alta, para o seu uso inmediato en caso de ser necesario. 

TORNEOS DE DEPORTES NOS RECREOS. RE-CREO O RECREO

Deron comezo, despois desta tempada de diluvios, os torneos de distintos deportes nos recreos. Nestes momentos estase a xogar unha liga de fútbol e un torneo de tenis de mesa.

Como en anos anteriores, e continuando coa adhesión ao contrato programa innova, na súa liña EduSaúde realízase esta actividade que forma parte dun compendio de propostas, dirixidas a favorecer o incremento do tempo de actividade física do alumnado, que terá repercusións directas na súa saúde, entre outros beneficios.

MAGOSTO 2023

(Clica para ver as fotos e vídeo) Polo san Martiño trompos ao camiño e pola santa Olaia, trompos á borralla. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro. O asado de castañas e os xogos populares, fixeron do día, unha xornada chea de risas, movemento, interacción, olor a castañas, participación, convivencia, que crearon un ambiente cálido e distendido, onde nos transportamos ás tradicións do outono. Faltaba o veraniño de san Martiño, pero se chove que chova. 

ENQUISAS DE INICIO DE CURSO DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Enquisa de inicio de curso, do alumnado que ten clase co profesor Artur.  CLICA https://forms.gle/XVkxyaBe3z9cTcsM7

Enquisa de inicio de curso, do alumnado que ten clase coa profesora Adela. CLICA https://forms.gle/x3pi8aqH3Ph6YXYd6

CUESTIONARIO "AO INSTITUTO RODANDO OU CAMIÑANDO"  CLICA https://forms.gle/WGr9GjEoNtC6T2HBA

MEMORIA DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 2022-23

KAYAK ILLA DE AROUSA - AREOSO.

O 21 de xuño, día no que comeza o verán e o curso académico remata, o alumnado de 4ºESO e os profesores acompañantes desfrutaron dun día de actividade física en contacto coa natureza. Foi unha gran xornada de despedida, dunha promoción de alumnado que deixa unha forte pegada no centro. Recoñecidos sempre polo seu bo comportamento nas actividades extraescolares e complementarias entre outras virtudes. Así foi unha vez máis. Que pasedes unhas boas e merecidas vacacións. Se queredes ver as fotos e a videomontaxe CLICA 

Distribuir contido