Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

CHARLA SOBRE TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

Este venres, 10 de maio, Sara Pérez, de Adamia Psicoloxía e Marta Losada, nutricionista do Centro de saúde Val Miñor de A  Xunqueira, impartiron unha charla ao alumnado de 3º de ESO, sobre os trastornos de conduta alimentaria. A mesma tiña como obxectivos a prevención, a información sobre patróns alimentacios sans, afianzar uns valores persoais positivos e establecer unha actitude crítica ante a presión das redes sociais.

Grazas a Sara e Marta pola súa implicación e bo facer.

 

CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

 O 20 de marzo, a especialista en Nutrición do Centro de Saúde da Xunqueira Marta Losada, impartiu unha conferencia ao alumnado de 3º de ESO sobre alimentación saudable. Na mesma sairon temas tan interesantes como: mitos sobre os alimentos, alimentación e deporte, influenza das redes sociais.... Moitas grazas a Marta por colaborar co noso centro educativo.

Observación de aves na Foz do Miñor

O pasado 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humedais, unha data na que se lembra a importancia destes ecosistemas non só polo que contribúen ó mantemento da biodiversidade senon pola cantidade de servizos ecosistémicos que ofrece. Por este motivo, o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha xornada de observación de aves para o alumnado de 1 ESO na Foz do Río Miñor, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

Durante a mañá do 21 de febreiro o alumnado puido observar a biodiversidade da avifauna deste espazo natural e ó mesmo tempo coñecer algúns aspectos que resaltan a importancia deste esteiro e daqueles outros que comprometen a súa conservación e protección.

Río Muíños, estudo dun ecosistema fluvial

O pasado martes 21 de novembro, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía e PDC, realizaron unha saída ó río Muíños para estudar as principais características do ecosistema fluvial.

 

Nun percorrido de 500 m aproximadamente, describíuse a vexetación e as carcaterísticas xerais do cauce, incluindo todos aqueles elementos que constitúen unha agresión ó ecosistema fluvial (aliviadeiros, colectores, construcións, refugallos, contaminación acústica...). Con toda esta información elaborouse un croquis do tramo estudado do río .

1º PREMIO NO CONCURSO DE MAQUETAS DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE MINAS E ENERXÍA

O 9 de xuño, David dos Reis, Hugo Fernández, David Vila e Mario Vilán, alumnos que están a estudar 3º da ESO gañaron o 1º premio no concurso de maquetas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Presentaron a concurso unha vivenda sostible dunha calidade excepcional que deixou ao xurado e demais asistentes sorprendidos.

Dende o centro seguimos todo o proceso e non podemos sentir máis admiración e orgullo polo talante, disciplina, saber estar que amosaron o día da presentación e durante a elaboración do proxecto.

 PARABÉNS A TODO O EQUIPO DE TURN BACK!

Val de Miñor é Ciencia.I Feira Científica. Proxectos de investigación. Conferencia de Khadija Amanda Barciela López

O venres 21 de abril, O IES Primeiro de Marzo e o IES Val Miñor en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, organizaron unha xornada científica na que o alumnado foi o protagonista xa que foron eles os encargados de dinamizala explicándolle ós mais cativos algúns fenómenos naturais e as súas investigacións.

Recollida de lixo en Praia América, xornada de sensibilización ambiental

O alumnado de 3º de ESO participou o pasado 24 de marzo nunha xornada de limpeza no areal de Praia América. A actividade, xa habitual na programación de actividades complementarias do centro, é organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co Concello de Nigrán.

Distribuir contido