Saltar navegación.
Inicio

Recomendámosche

O DIVULGADOR CIENTÍFICO JOAQUÍN ARAUJO VISITA A NOSA BIBLIOTECA.

O divulgador científico Joaquín Araujo visitou a nosa biblioteca onde asinou os seus dous últimos libros: Somos agua que piensa y los árboles te enseñaran a ver el bosque.Gracias Joaquín e que a vida te atalante!

A ESCRITORA ELBA PEDROSA CELEBRA CON NÓS O DÍA DO LIBRO.

A escritora Elba Pedrosa celebrou con nós o día do libro. Falounos da súa última novela: O que non sabías da editorial Xerais. A ambientación da mesma é o Val Miñor e o tempo é a segunda metade do século XX. Nela están presentes a emigración, as diferenzas de clase, os segredos e as mentiras familiares. 

"Derreteuse no chan como fai un xeado dentro da boca dun neno con quentura..." así comeza o libro.

CORREO CUPIDO NA BIBLIOTECA

O correo Cupido chegou ao Val Miñor!! Achégate á biblioteca e deixa a túa mensaxe de amor. Escribe só o nome e apelido da persoa que amas e o venres 18 a túa mensaxe chegará ao seu destino

AGASALLO PARA OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA.

Cun sinxelo agasallo quixemos darlle as grazas aos voluntarios e voluntarias da biblioteca polo seu bo facer neste primeiro trimestre. Seguimos!!!.

Distribuir contido