Saltar navegación.
Inicio

Lingua e Literatura Galega

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 2⁰ ESO Á GUARDA E TUI

CLICA para ver o vídeo e as fotos da actividade.

O pasado 23 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha saída á Guarda e Tui. Sobre as 10:15h chegamos ao porto da Guarda. Dende aí, e dando un agradable paseo á beira do mar, chegamos á praia de Camposancos, para subir ao monte Trega. As explicacións do guía transportáronnos ao mundo celta: costumes, crenzas e tradicións. A saída rematou na vila de Tui. Percorrer as súas rúas e a visita á catedral, coas explicacións do profesor de Historia, Daniel Mulet, puxeron final a un día no que luciu un sol primaveral. As vistas foron magníficas.

Gañadores e gañadoras dos concursos de Samaín

Tras unha ardua deliberación por parte do xurado, acordouse conceder os premios dos concursos de Samaín aos seguintes alumnos e alumnas:

  • Microrrelatos de medo:
    • Categoría 1º e 2º ESO:
      • 1º premio: Xoana García Pérez (2º ESO A)
      • 2º premio ex aequo: Moraima Fernández Míguez (1º ESO C) e Inés Fernández Gefaell (2º ESO C)
    • Categoría 3º e 4º ESO:
      • 1º premio: Elba Guntín Van Der Meer (3º ESO B)
      • 2º premio ex aequo: Erik Roade Montenegro (4º ESO C) e Noa Sío Torres (4º ESO C)
  • Autoepitafios:
    • Ariadna López Fernández (2º ESO C)
    • Anxo Couso Pereira (2º ESO B)
    • Xoel Vázquez Molares (2º ESO B)

Parabéns aos premiados e a todos os participantes!

Podedes consultar os traballos vencedores no documento adxunto.

Contacontos no CEIP Humberto Juanes (2023)

O 30 de outubro, o alumnado de Oratoria de 3º e 4º de ESO e alumnas de 1º de ESO e 2º de bacharelato acudiron ao CEIP Humberto Juanes para divertir e arrepiar cos seus contos aos cativos e cativas de Educación Infantil e Primaria. Velaquí unha selección de fotos da actividade:

Regueifando no Val Miñor

Un curso máis participamos no obradoiro de regueifas organizado pola asociación ORAL de Galicia e subvencionado pola deputación de Pontevedra. O alumnado de 3ºESO coa materia de Oratoria aprendeu da nosa tradición para proxectala cara ao futuro en forma de copla e desafíos, aprendendo dos mellores: Luís o Caruncho na primeira sesión e Bieito Lobariñas na segunda. Agora a ensaiar e a ver se somos seleccionados para participarmos no certame provincial.

Concursos de Samaín 2023

Consulta as bases aquí abaixo no documento adxunto:

Laura Álvarez

IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra

Xa temos os poemas gañadores do IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval, IES Plurilingüe Terra de Turon, CEIP Carlos Casares, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, IES Primeiro de Marzo e IES Val Miñor, en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.

SEMANA DAS LETRAS :TROBAR-DOS NO IES VAL MIÑOR

TROBAR-DOS 18 DE MAIO BACHARERATO de M Xose

Con motivo da conmemoración da Semana das Letras Galegas no IES VAL MIÑOR adicada a Francisco Fernández del Riego, visitaron o noso centro Anxo Abalde e Alfredo Pérez Romero.

BATALLA POÉTICA - SEMANA DAS LETRAS

Batalla Poética de M Xose

O martes 16 de maio tocoulle o truno de festexar a Semaña das Letras ao segundo ciclo da ESO coa sempre emocionante Batalla Poética, tiñamos un alto nivel de inspiración nos nosos alumnos!

Distribuir contido