Saltar navegación.
Inicio

Novidades en galego

Estrea do single "Terra" de Tanxugueiras

Dende hoxe, 21 de decembro, podemos desfrutar do vídeo do single Terra, forza chicas!

A por Eurovisión!

Premios Xerais Ledicia Costas e Berta Dávila

Felicitamos ás dúas ganadoras dos Premios Xerais 2021:

  • Ledicia Costas con "Un neno de Lume"
  • Berta Dávila con "Os seres Queridos" e "Un elefante na sala de estar"

Aproveitamos para recomendar a lectura da segunda obra de narrativa para adultos de Ledicia "Golpes de Luz" que está a presentar neste mes de decembro, despois da exitosa "Infamia"

Tanxugueiras no camiño a Eurovisión

Hai un ano recomendamos a publicación do single Midas de Tanxugueiras. Era unha proposta que rachaba os límites tradicionais do noso folck. Agora non podemos máis que festexar e apoialr na proposta que os eurofans fixeron para que vaian a Eurovisión. O paso previo é gañar o Benidorm Fest coa single Terra!

Foto da Web Oficial do grupo https://tanxugueiras.com/

Novo disco: Hasme Oir da Banda da Loba - Homenaxe a Xela Arias

Fermoso homexane a Xela neste disco, especialmente coa estrea o domingo 16 de maio, do videoclip do poema Dario a Diario:

Cuñados: película de produción galega entre as 10 con máis recadación no que vai de ano!

Da produtora de Portocabo, cun repardo encabezado por Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán, é a mellor estrea no que vai de ano. O seu director Toño López (Mareas Viivas) preséntanos unha historia de humor moi noso cunhas localizacións con raigame na DO Ribeiro. Historia costumista e tradicional chea de situacións cómicas que levan ós protagonistas á argallar un plan desesperado para salvar a bodega familiar.

Batea - Presentación de disco

Nova proposta que fusiona o son da gaita galega co rock: Batea

Un grupo das Rías Baixas con músicos con ampla experiencia no son folk que neste mes de abril presenta novo disco: Tampouco somos os Rolling

Agora fan unha proposta diferente e cun packaging (imaxe do produto) do máis orixinal: memoria USB nunha lata de mexillóns!

Na web podes escoitar algunhas cancións como Cachamuiña On Fire o tema de apertura adiantado o día 28 de marzo coma conmemoración da Reconquista.

Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia

O pasado 31 de marzo presentouse na sede da Deputación en Vigo esta nova publicación da editorial Galaxia e está previsto un acto no Pazo de Mos para este 14 de abril.

É a primeira obra do ilustrador porriñés Juancho que, aproveitou este ano de menos traballo no seu estudo de deseño, para recuperar as figuras clásicas de terror "de lareira" que tanto enriquecen o noso patrimonio oral. Gostamos moito de refrescarlle ás novas xeracións, que xa non teñen a mesma vía de transmisión desas historias, as figuras clásicas das lendas galegas.

Coma ilustrador destaca a súa traxectoria: dinamización cultural con actividades de banda deseñada e traballos para a Universidade de Vigo, Festival de Cans, a festa Arde o Pazo,...

Nación, estrea nos cinemas o venres 26 de marzo!

Chega o esperado documental de Margarita Ledo sobre a fábrica de louza Pontesa e a ferida aínda abierta que deixou nas súas traballadoras co seu peche. A labor delas no sector industrial posibilitou a súa intedendencia económica pero a reconversión industrial truncou os seus soños.

A música do documental é de Mercedes Peón e a súa proposta Osmose é un diálogo que reforza as imaxes do filme.

Tanxugueiras

Midas, o tema máis novidoso de Tanxugueiras, no que hai unha fusión entre a música tradicional galega e o urbano!

Tanxugueiras, mulleres "empoderadas" con un son moi característico e persoal.

A lavandeira de San Simón

Fermoso libro de Eva Mejuto con coidadas ilustacións. Narra a historia do penal dende a perspectiva das mulleres que desinteresadamente axudaban ós presos e as condicións que nas que vivían.

Fai CLIC na imaxe para ver o album ilustrado da autora!

Distribuir contido