Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

BO NADAL

CLICA para mergullarte no ambiente navideño que respirou o centro. A decoración, a música, o talento, a creatividade, as panxoliñas, fixeron que o clima  se convertera nun enxame de elfos, Papa Noeis e sorrisos navideños, poñendo un gran broche final ao 2023 no instituto e así coller folgos renovados  para revisitarnos no 2024. Bo Nadal.

CONCERTO DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO MATRICULADO EN LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL CO ALUMNADO DO CENTRO JUAN MARÍA.

Hoxe, 19 de decembro de 2023, tivo lugar o primeiro concerto musical entre os centros IES Val Miñor e o Centro Juan María de Nigrán.

Queremos felicitar ao alumnado de 1º de ESO matriculado en linguaxe e práctica musical do IES e, especialmente  a Iago e André do Centro Juan María polo seu bo facer.

O ALUMNADO DE 1º DE ESO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

 O alumnado de 1º de ESO celebrou o 4 de decembro o día internacional da discapacidade con alumnado de outros centros de Nigrán no pavillón de deportes baixo o lema: " Diferentemente iguais". O grupo de teatro Xermola coa colaboración dos alumnos e alumnas do CEE Juan María representou o conto "todos menos un". Para finalizar todos os asistentes puideron gozar da tradicional chocolatada invitados polo Concello de Nigrán.

O alumnado de 3º de ESO finalizou o seu obradoiro de educación mediática no auditorio do Concello de Nigrán.

O alumnado de 3º de ESO rematou este venres 24 de novembro o seu obradoiro de Educación Mediática no Auditorio do Concello de Nigrán. O acto serviu tamén para  manifestarse en contra da violencia contra as mulleres. Dende aquí queremos dar as grazas ao CIM e a produtora CRU  polo seu traballo e dedicación.

TORNEOS DE DEPORTES NOS RECREOS. RE-CREO O RECREO

Deron comezo, despois desta tempada de diluvios, os torneos de distintos deportes nos recreos. Nestes momentos estase a xogar unha liga de fútbol e un torneo de tenis de mesa.

Como en anos anteriores, e continuando coa adhesión ao contrato programa innova, na súa liña EduSaúde realízase esta actividade que forma parte dun compendio de propostas, dirixidas a favorecer o incremento do tempo de actividade física do alumnado, que terá repercusións directas na súa saúde, entre outros beneficios.

Charla sobre o acoso escolar para o alumnado de 1ºC-ESO. RELATORA EVA MÉNDEZ DO CENTRO DE APOIO EDUCATIVO APREHENDO.

Hoxe, 25 de outubro de 2023, recibimos a Eva Méndez Santos, do centro de apoio educativo APREHENDO de Gondomar.

A súa charla abordou o tema do acoso escolar co alumnado de 1ºC-ESO.

Queremos agradecer a relatora o seu bo facer e a sintonía que acadou cos alumnos e alumnas. Por sorte, pronto volverá para tratar deste mesmo asunto cos grupos de 3º de ESO.

REPRESENTANTES DO CENTRO JUAN MARÍA FALÁRONLLE AO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DO VOLUNTARIADO.

Vane, Yago e David, alumnos do centro de Educación Especial, faláronlle ao noso alumnado de 1º de bacharelato do voluntariado. Agradecemos o seu gran labor e as súas ensinanzas. Grazas por todo.

Memoria CP Inclúe 2022-23

Distribuir contido