Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

INFORMACIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DE SANIDADE

              Ante a aparición dun caso positivo por COVID-19 entre o alumnado do noso centro, compartimos a información recibida da Xefa Territorial de Sanidade na seguinte ligazón CLICA  . Por outra banda informar que o luns 2 de novembro é día non lectivo.

CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA NO PAVILLÓN " XURXO OTERO" DE NIGRÁN.

Froito dun acordo entre o Instituto, a Xefatura Territorial de Educación e o Concello de Nigrán a maior parte do alumnado do IES Val Miñor realizará as súas clases de Educación Física no Pavillón municipal Xurxo Otero de Nigrán.

Desde o centro queremos agradecer o esforzo realizado e o exemplo que supón a implicación de todas as administracións na xestión dun momento tan complexo coma este. Dadas as carencias, en canto a instalacións deportivas, do noso centro, que o alumnado poida desfrutar dun espazo digno para a práctica deportiva é un avance moi relevante nun ano tan difícil.

A partir do próximo martes 13 un autobús transportará ao alumnado para realizar estes traxectos ao pavillón nos períodos lectivos que corresponden á área de educación física.

INICIO DO CURSO 2020-21

O inicio de curso será escalonado. Unha vez que o alumnado inicia as clases ao día seguinte seguirá o horario do centro de 8:30 a 14:15. Os días e horas aparecen detallados a continuación. O primeiro día tamén haberá bus e empezará o seu percorrido na parada inicial ás 10:30.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á COVID-19 DO IES VAL MIÑOR

Clica na imaxe para obter información sobre a adaptación do IES Val Miñor á COVID 19. 

Aquí poderás atopar máis información e algúns vídeos explicativos que poden ser do teu interés.

UNINDO FORZAS CONTRA A COVID-19

Malia a incerteza coa que se presenta este curso, a comunidade educativa do Val Miñor está traballando día a día para conseguir adaptarnos con seguridade a esta nova normalidade. E que esta pandemia non nos impida desenvolver o importante labor educativo que é a nosa prioridade.

CAMBIOS NO CALENDARIO DE INICIO DE CURSO

 A Consellería cambia as datas de inicio do curso escolar, para máis información cliquen no seguinte enlace.  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

O calendario é o seguinte (clica para ver en grande):

BECAS MEC

Desde o 9/08/2020 ata o 1/10/2020 aberto o prazo de solicitude das becas MEC para o curso 2020-21.

Para alumnado de Bacharelato CLICA PARA ACCEDER Á SOLICITUDE.

Para alumnado con necesidades específica de apoio educativo tanto de secundaria coma de Bacharelato. Para acceder clica nestes dous enlaces: Secundaria     Bacharelato

Distribuir contido