Saltar navegación.
Inicio

Lingua e Literatura Galega

REGUEIFAS NO IES VAL MIÑOR

Un ano máis o alumnado de 3º ESO recibiu formación arredor das regueifas. Coñeceron o xeito de construír estes cantos e mesmo elaboraron os seus. Haberá unha segunda sesión en novembro. A charla foi impartida por Bieito Lobariñas da ASOCIACIÓN ORAL DE GALICIA, patrocinado pola Deputación de Pontevedra.

Proxecto Lingüístico de Centro (PLC): ENQUISA ALUMNADO

Neste curso o Ies Val Miñor ten que renovar o seu PLC, para o que cómpre realizarmos un estudo sociolingüístico da comunidade educativa.

A túa colaboración é imprescindíbel, só tes que cubrir este breve cuestionario:

ENQUISA ALUMNADO

Graciñas

XINCANA EN CHANDEBRITO CO ALUMNADO DE 1ºA e 1ºB ESO

Que ben o pasamos os departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia co alumnado de 1º ESO, descubrindo o asasino do neno de Chandebrito!!!!!! Os gañadores recibirán o seu premio . Aquí vos deixamos o vídeo de recordo. clica na imaxe

Cando repetimos?

Distribuir contido