Saltar navegación.
Inicio

Curso 2023-24

Día de Rosalía 2024 no centro

O día 23 de febreiro, Rosalía de Castro en persoa visitounos no centro reencarnada na profesora Nerea Martínez, e estivo charlando coa rapazada de 1º e 2º de ESO sobre a súa vida e obra. Ademais, decoramos o instituto con poemas e fragmentos da autora decorados polo alumnado de todos os cursos da ESO. Podedes ver as fotos aquí:

Día da Paz 2024

Nos tempos que corren, non está de máis lembrar o importante que segue a ser loitarmos pola paz a diario. Por iso, aproveitamos a celebración do Día da Paz para encher o instituto con carteis a prol dela elaborados por alumnado de todos os cursos da ESO.

Día de Rosalía no Concello

Día de Rosalía

O día de Rosalía compartimos festa no auditorio do Concello o alumnado do Escolas Proval xunto coa nosa rapazada de 3ºESO.

FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO. O NOVO RETO É A RV.

O profesorado en continua formación permanente. Un grupo de profesores/as investigan as posibilidades educativas da realidade virtual.

En Nigrán tamén se fala!

En Nigrán tamén se fala galego!

60 Alumnos de 4o da ESO do Ies Val Miñor participan na campaña de promoción de promoción da lingua galega entre o comercio local.

O proxecto Aquí Tamén Se Fala xurdiu o curso pasado no Ies Rafael Dieste da Coruña e procura rachar cos prexuízos que invisibilizan a lingua galega. A rapazada exerce de dinamizadora da lingua visitando todo tipo de establecementos que traballan de cara ao público e queiran colaborar, para o cal deben colocar un cartel deseñado co lema “Aquí Tamén Se fala Galego” e facerse unha foto que se promociona nas redes sociais da campaña e na web do centro.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES VAL MIÑOR. DO 14 AO 21 DE MARZO

Estamos a organizar a Semana das Matemáticas no IES Val Miñor: Tangrams, pentaminós, cubos soma, torres de Hanoi, tres en raia áureo, pontes de Königsberg e outros labirintos, xogo do prisioneiro etc.

Xa queda pouco para xogar con eles nos recreos do 14 ao 21 de marzo.

Confiamos en que vos divirtades xogando e pensando.

Observación de aves na Foz do Miñor

O pasado 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humedais, unha data na que se lembra a importancia destes ecosistemas non só polo que contribúen ó mantemento da biodiversidade senon pola cantidade de servizos ecosistémicos que ofrece. Por este motivo, o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha xornada de observación de aves para o alumnado de 1 ESO na Foz do Río Miñor, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

Durante a mañá do 21 de febreiro o alumnado puido observar a biodiversidade da avifauna deste espazo natural e ó mesmo tempo coñecer algúns aspectos que resaltan a importancia deste esteiro e daqueles outros que comprometen a súa conservación e protección.

A ESCRITORA MARTA CURRÁS FALA DO SEU OFICIO DE ESCRITORA CO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA.

A escritora Marta Currás, finalista en diversos concursos de microrrelatos e contos e, de novelas tan entretidas como Templados por el sol, mecidos por el viento (Círculo de lectores, 2018), inspirada nunha das súas viaxes pola costa leste estadounidense e La memoria de las olas (Editorial Juventud,2019. Premio Nostromo) unha novela de aventuras e misterio na que diferentes tramas e personaxes conflúen no inverno de 1924 na cidade de Vigo visitou este venres 2 de febreiro a nosa biblioteca e falou do seu oficio de escritora co alumnado do club de lectura.

 

VIAXE A LISBOA 2024

Se queres ver as fotos da viaxe CLICA

Distribuir contido