Saltar navegación.
Inicio

Lingua e Literatura Galega

Xela Arias: quedas en nós

O 20 e 21 de maio, no ronsel da celebración das Letras, rendemos cumprida homenaxe a Xela Arias no Ies Val Miñor.

Fixémolo da mellor das maneiras en que podemos lembrar a poeta: os seus versos voaron ceibes desde os andeis da nosa Biblioteca nas voces da rapazada da ESO, para se escoitaren tan vivos, rebeldes e rompedores como os ideara Xela. Recitaron unha escolma dos seus catro libros e así, como o gran milagre do mundo que a poesía é, Xela Arias estivo e quedou en NÓS.

Velaquí vos deixamos unhas imaxes do recital:

HOMENAXE A CUNQUEIRO NO AUDITORIO DE NIGRÁN NO DÍA DO LIBRO.

Celebramos o día do libro no Concello

O 23 de abril, co gallo da celebración do día do libro, o alumnado de Literatura Universal do IES Val Miñor participou nun acto organizado polo concello de Nigrán. 

DÍA DE ROSALÍA E DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUA MATERNAS

Voltamos a celebrar o Día de Rosalía, este ano repuxemosa cartelería da entrada do instituto e elaboramos unha lista de reproducción que se escoitou pola megafonía do centro no recreo.

Fixemos un vídeo de presentación para a visualización no televisor do recibidor do centro, co audio da versión de Mala Xente da nosa Lyka!

Escoita a nosa lista de reprodución cos poemas de Rosalía versionados con diferentes estilos musicais!

FAME CERO

Durante o mes de marzo,antes do inesperado confinamento, propúxose ao alumnado de 1° ESO, por parte de estudantes de 2° de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a participación nun concurso de carteis para tratar o tema do " Segundo Obxectivo de Desenvolvemento sostible da ONU: Fame cero". 
A participación foi elevada grazas ao ánimo que transmitiron ao alumnado os profesores Beatriz Fernández Argibay, de EPV e Lingua galega e literatura, e Ramón Sueiro, de Xeografía e Historia.

ROSALÍA DE CASTRO: ESCRITORA E DEFENSORA DOS DEREITOS DA MULLER

Este ano celebraremos o Día de Rosalía, relacionándoo co 8M. Destacaremos os aspectos feministas da súa obra e biografía.

A profe Bea (Dpto de Galego) está a facer murais cos rapaces de 1º da ESO para celebrar o día de Rosalía.

A profe Liliana (Dpto de Plástica) elaborou un caligrama.

O Dpto de Galego organizou unha lectura da súa obra.

A profe Carla (Dpto de Matemáticas) maquetou o vídeo con todo o material. Ese vídeo subirase nunha entrada posterior.

Un pracer traballarmos coordinados con tantos departamentos nesta celebración!

SEMANA DA MULLER E DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

NO VAL MIÑOR TRABALLAMOS POR PROXECTOS. O DEPARTAMENTO DE FRANCÉS, GALEGO,  PLÁSTICA E MATEMÁTICAS ELABORARON MATERIAIS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER XUNTO DO DÍA DE ROSALÍA.

Exposición "Galicia, un relato no mundo".

Cincuenta alumnos de primeiro de bacharelato acompañados de tres profesores (Xurxo, Teresa e Ilda) visitaron o 16 de novembro no Gaiás a exposición "Galicia, un relato no mundo" que recolle obxectos relacionados coa nosa historia procedentes de diversas partes do mundo.

Castro de San Cibrao

                                                                              Clica aquí para ver as fotos

POESÍA E CREATIVIDADE EN GALEGO POLO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

 O alumnado de 3º e 4º da ESO traballou coa profesora de galego Carme Giráldez a poesía e a creatividade.

Distribuir contido