Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

PUBLICACIÓN EN ABALAR MÓVIL DAS NOTAS DE 2º DE BACHARELATO

Resultado de imagen de boletín de notasSOAMENTE PARA 2º DE BACHARELATO

Hoxe realizouse a avaliación de forma telemática e o 19 de marzo ás 10 a.m., estarán publicadas en abalar móbil as notas da 2ª avaliación de 2ºBacharelato. Haberá algún caso no que non apareza nota, pola situación excepcional desta avaliación. Pero será resolto á volta. Se teñen algunha dúbida envíena ao correo do centro ies.val.minor@edu.xunta.gal 

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO, ORGANIZACIÓN DO CENTRO

ANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES, EN TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS, A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 16 DE MARZO DURANTE 14 DÍAS.

ESTA  PÁXINA WEB E O SERVIZO MÓBIL "ABALAR MÓBIL"  SERÁN OS MEDIOS  UTILIZADOS PARA A COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Así mesmo facilitamos o correo da ANPA que é o seguinte: anpaiesvalminor@gmail.com.

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-21

Interrúmpese o prazo de presentación de solicitudes de admisión. Para máis información clique no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30568

O prazo de solicitude de admisión de praza, é do 1 ao 23 marzo. (O 20 de marzo é día non lectivo) Presentarase no centro, ou na Sede Electrónica, para o que se precisaría chave 365 ou certificado dixital.   

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Publicación no DOG o 26 de febreiro, da Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Enlace http://www.edu.xunta.es/axudasle     Prazo de presentación comeza o 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo.

Atoparedes no arquivo adxunto información sobre os beneficiarios das axudas e información máis detallada do programa.

ORGANIGRAMA DO CURSO 2029-20

Se clicas no arquivo, atoparás o organigrama de organización do centro.

DESDE O IES VAL MIÑOR QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL

Despedimos o ano, cun festival de Nadal onde se cantaron panxoliñas, houbo actuacións estelares e sobre todo moita creatividade por parte do alumnado particicante no concurso de vídeos de Nadal que poderás ver, se clicas AQUÍ.

Este ano os gañadores foron  as alumnas e alumnos de 3ºESOB. Parabéns e Bo Nadal para todos.

CALENDARIO ESCOLAR: LEMBRAMOS QUE O XOVES 31 É O DÍA DO ENSINO E O LUNS 4 DE NOVEMBRO É DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o xoves 31 de outubro día do ensino, 1 de novembro festivo, e o 4 de novembro día non lectivo, non haberá clase. Achegamos a continuación un enlace ao calendario escolar, coas datas tamén das avaliacións.

O outro día non lectivo aprobado polo consello escolar e concedido pola consellería é o 20/03/2020

CALENDARIO 2019-20

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Nos documentos adxuntos atoparedes as listaxes de admitidos e excluídos nas axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

XA SE PODE PASAR A RECOLLER OS VALES POLO INSTITUTO.

Distribuir contido