Saltar navegación.
Inicio

Lingua e Literatura Galega

MES DAS LETRAS GALEGAS NO IES VAL MIÑOR 2019

Este mes das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Antón Fraguas (1905-1999), está resultando moi activo no instituto Val Miñor.

O alumnado de 4º ESO, acompañados de Carme e Liliana, viaxaron ata Ourense para coñecer a ruta da Esmorga, percorrida polos protagonistas da novela de Blanco Amor; tamén visitaron o Pazo de Trasalba de Otero Pedrayo e, por suposto, gozaron das augas termais da Chavasqueira.

CELANOVA 2018

O alumnado de 3º da ESO viaxou a Celanova a finais de abril. Alí gozaron coas lecturas de poemas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Asistiron a un concerto didáctico de órgano na igrexa de San Rosendo, visitaron a casa dos Poestas e a Torre comarcal de Vilanova dos Infantes. Unha xornada completa, interesante e entretida.

Se queres ver máis imaxes do que alí aconteceu CLICA AQUÍ

O ILUSTRADOR IVÁN RODRÍGUEZ VISITA O VAL MIÑOR

O luns 8 de maio o ilustrador nigranés Iván Rodríguez, antigo alumno do IES Val Miñor, retornou o centro no que estudara o bacharelato para transmitir aos mozos e mozas de 3º e 4º ESO nocións básicas sobre o humor gráfico en galego. Unha iniciativa que se levou a cabo grazas á coordinación entre o servizo de Normalización Lingüística do concello de Nigrán e o noso Equipo de Normalización Lingüística “O Brión”.

 Foi unha actividade que se desenvolveu no marco da celebración das Letras Galegas 2017.

Podedes ver nas fotos adxuntas o resultado dalgúns gráficos realizados polos estudantes nesa xornada.

SAMAÍN 2016

CONCURSO CABAZAS SAMAÍN 2016

1º Premio: “ Peixe lanterna”. Miguel Simoes (4ºESO A) Juan Manuel González (4ºESO B)

 

 

2º Premio: “Calavera”   Gloria Saavedra(1ºESO B)   

3º Premio: Que medo! Xa está aquí Samaín”  Laura Dacosta (1ºESO B)                    

 

 

XABIER QUEIPO VISITA O IES VAL MIÑOR

O xoves 26 de marzo, os alumnos de 3º e 4º da ESO, tiveron a oportunidade de coñecer e escoitar ao escritor galego Xabier Queipo. Aproveitando unha das súas estancias en Galicia (o autor reside e traballa en Bruxelas dende 1989) Xabier achegouse ao noso centro para falarnos da súa tarefa como escritor.

Distribuir contido