Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

Cerámica castrexa entregada ós nosos alumnos!

Fomos antes de rematar o curso a recoller na Fundación Terra Termarum a nosa cerámica. Os rapaces puideron levar as súas pezas antes de rematar o curso!

Poemas de Xela musicados

Durante a Semana das Letras a nosa lista de reprodución sonou pola megafonía do centro. Como van saíndo novas obras seguimos a actualizar a nosa lista de reprodución XELA NA MÚSICA . 

https://youtube.com/playlist?list=PL2hshGU8DtNwFPffPPiBbY--wDPm71Jkd

Aquí tedes os autores que temos!

Xela Arias: quedas en nós

O 20 e 21 de maio, no ronsel da celebración das Letras, rendemos cumprida homenaxe a Xela Arias no Ies Val Miñor.

Fixémolo da mellor das maneiras en que podemos lembrar a poeta: os seus versos voaron ceibes desde os andeis da nosa Biblioteca nas voces da rapazada da ESO, para se escoitaren tan vivos, rebeldes e rompedores como os ideara Xela. Recitaron unha escolma dos seus catro libros e así, como o gran milagre do mundo que a poesía é, Xela Arias estivo e quedou en NÓS.

Velaquí vos deixamos unhas imaxes do recital:

8M - LEONOR DE AQUITANIA: UNHA MULLER EMPODERADA NO MEDIEVO.

 

FAI CLICK ENRIBA E VERÁS O VÍDEO DE PRESENTACIÓN!!
Ilustración da alumna Lucía Pousa

A nosa compañeira María García Caballero elaborou este traballo durante o primeiro confinamento. Nel destaca a figura desta raíña independente, amante das artes, feminista, estratega... no século XII.

DÍA DE ROSALÍA E DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUA MATERNAS

Voltamos a celebrar o Día de Rosalía, este ano repuxemosa cartelería da entrada do instituto e elaboramos unha lista de reproducción que se escoitou pola megafonía do centro no recreo.

Fixemos un vídeo de presentación para a visualización no televisor do recibidor do centro, co audio da versión de Mala Xente da nosa Lyka!

Escoita a nosa lista de reprodución cos poemas de Rosalía versionados con diferentes estilos musicais!

Nadal no IES Val Miñor: Dpto Plástica e Actividades Dinamización Lingua Galega

Dende o Departamento de Plástica e EDLG colababoramos na ambientación do centro para que todxs festexemos as festas:

Sendo prudentes pola COVID pero xuntos de corazón! Acordándonos dos nosos seres queridos e cos mellores desexos de Rexurdimento no Aninovo!!!
Distribuir contido