Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

APUNTES PRIMEIROS AUXILIOS 3ºESO

Se clicas AQUÍ, ou en ficheiros adxuntos poderás ver os apuntes de primeiros auxilios.

VIAXE A LEITARIEGOS 2019-20

Se clicades na imaxe atoparedes a información relativa á viaxe á neve deste curso escolar 2019-20

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS - PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 18 de novembro disfrutamos dunha xornada diferente, preparada polo alumnado de 3º da ESO. O obxectivo era fomentar o vínculo entre os padriños e madriñas de 3º cos seus afillados de 1º, dentro do programa de convivencia, titoría entre iguais. A continuación podedes ver como se desenvolveu a actividade. 

Magosto 2019

Magosto 2019 

O venres 8 de novembro a partir das 12:30 da mañá celebramos o magosto no IES Val Miñor. Se queres ver as fotos dese día CLICA

DÍA MUNDIAL DA RCP: Reanimación cardiopulmonar

O mércores 16 de Outubro foi o Día mundial da RCP (Reanimación cardiopulmonar) e tivemos a sorte de contar con persoal médico do Hospital Álvaro Cunqueiro, que fixo talleres para o alumnado de 3º da ESO e para a comunidade escolar (Persoal do centro e familias) que se achegaron durante esta mañá para aprender esta manobra tan importante que salva vidas. Agradecer expressamente a Laura, David e Marta a súa adicación ao noso centro durante esta mañá de aprendizaxes tan relevantes.

CONDICIÓN FÍSICA 4º E 1º BACHARELATO

Nos arquivos adxuntos atoparás os apuntes da teoría sobre condición física e saude ademáis das fichas das probas físicas e baremos.

Xa están actualizados os apuntes. Lembra entregar o día do exame a ficha dos test (cos umbrais), os baremos. E non esquezas estudar tamén o arquivo do consumo máximo de osíxeno.

ESCALADA NO GALIÑEIRO

O tempo permitiunos por fin facer esta actividade que supón un gran reto físico para o alumnado, que se ve recompensado coa sensación de superación cando chegan ao cumio. Coma en anos anteriores Montañeiros Celtas colaboran co centro na organización polo que agradecemos o seu esforzo . Non viamos o mar pero tiñamos unha espectacular vista dun mar de nubes no Val. Pagou a pena unha vez máis ter esta experiencia. CLICA PARA VER AS IMAXES

SURF EN PATOS

Coma en anos anteriores realizouse a actividade de surf en colaboración con Prado Surf e coa axuda na financiación, da ANPA do centro, para o alumnado socio. O día non pintaba ben, era un día gris, pero a nota de cor  púxoa a rapazada do IES Val Miñor que foi valente e demostrou que se chove que chova. As ondas eran importantes e a auga estaba boa. Unha experiencia máis de actividade física para que o alumnado busque opcións de ocio activo, e se enganche a un estilo de vida saudable. CLICA PARA VER MÁIS IMAXES

EXAMES DE SETEMBRO DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Lembramos que os traballos escritos deben ser entregados o día do exame de educación física de setembro, feitos a man en folios brancos. Asemade terán que traer roupa deportiva para a realización do exame práctico.

1º ESO

Entregar o traballo escrito sobre: "Xogos populares e tradicionais" e "Xogos e deportes de raqueta".

2º ESO

Entregar o traballo escrito sobre: "Xogos populares e tradicionais" , "Xogos e deportes de raqueta", "Ritmo e expresión corporal" (Acrosport)

3º ESO

Entregar o traballo escrito sobre:  "Xogos e deportes de raqueta"."Ritmo e expresión corporal" (Acrosport).

Vida Sana

Entregar o traballo sobre hábitos tóxicos "As drogas"

Distribuir contido