Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

30 de XANEIRO. DÍA DA PAZ.

Co gallo do aniversaio de Gandhi, celebramos o día da PAZ no IES Val Miñor. Amosamos que dende a resiliencia e a non violencia podemos cambiar a nosa contorna e acadar as nosas metasa. A actividade foi organizada polo equipo de dinamización lingüística e o departamento de Plástica.

DESDE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DESEXÁNVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANINOVO.

Aquí vos preséntamos á arbore de dinamización. Grazas a todos aqueles e aquelas que o fixeron posible.

CHARLA DO IESIDE ("ESCOLA DE NEGOCIOS DE ABANCA") sobre o seu Grao de ADE.

O alumnado de matriculado en Economía en 1º de Bacharelato recibiu hoxe unha charla sobre o grao en ADE (administración e dirección de empresas) do IESIDE.

25N no IES Val Miñor.

Os cursos de Bacharelato do IES Val Miñor sumáronse á celebración do 25-N coa formación dun lazo por grupo e a elaboración durante os días previos de carteis para pedir a fin da violencia contra as mulleres. As cifras son arrepiantes: no que vai de ano 52 mulleres foron asasinadas polas súas parellas, 34 nenos quedaron orfos e puxéronse 80.000 denuncias.

Castro de San Cibrao

                                                                              Clica aquí para ver as fotos

Samaín 2019

Na cultura celta o Samaín era a festividade que celebraba a recollida dos froitos de tempada e o comezo da metade escura do ano segundo o seu calendario. O profesor López Loureiro investigou e recuperou co seu libro “Samain: A festa das Caliveiras” esta tradición, deixando constancia das súas diferentes manifestacións espalladas por Galicia, León e norte de Cáceres.

O martes 29 e o mércores 30 de outubro os alumnos trouxeron as súas cabazas para presesentalas á exposición e ao concurso, organizados polo Equipo de Dinamización Lingüística "O Brión".

Magosto 2019

Magosto 2019 

O venres 8 de novembro a partir das 12:30 da mañá celebramos o magosto no IES Val Miñor. Se queres ver as fotos dese día CLICA

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

                                                                  

Distribuir contido