Saltar navegación.
Inicio

E TI DE ONDE VÉS SENDO? COLÓN UN MISTERIO

DEBATE: E tí de onde vés sendo? Cristóbal Colón, un misterio a piques de resolverse??

Os nosos libros de historia perpetúan a idea de que CRISTÓBAL COLÓN DESCUBRIU AMÉRICA. Mais, guerreiros vikingos, monxes irlandeses, nobres galeses e escoceses, templarios franceses, comerciantes chineses e navegantes españois e portugueses, todos eles durante a Idade Media, poideron ter feito incursións ao continente americano. En épocas máis pretéritas, fenicios, exipcios, gregos, romanos, xaponeses ou xudeos. O problema é que ningún volveu para contalo ou, se regresaron, as súas testemuñas foron puntuais e co tempo esquecéronse ou formaron parte das lendas.

Podería decirse que Colón foi o o último desta saga de mariños, comerciantes, exploradores e navegantes intrépidos, promocionouno e volveu de novo. O fixo “oficial” e o “colonizou”.

Alá polo ano 2003, un equipo de científicos da Universidade de Granada, de Portugal e de Italia, liderado polo catedrático de Medicina Legal e forense, José Antonio Lorente, iniciaron o estudo, mediante probas de ADN, dos restos exhumados na catedral de Sevilla de CRISTÓBAL COLÓN. A finalidade destes estudos é determinar a verdadeira orixe do navegante, un dos grandes misterios da historia. Asemade os estudos convertiranse nunha películade TVE.

Todos esperábamos que o 20 de maio de 2021, coincidindo co 515º aniversario do pasamento de Colón, acabarán os misterios, pois a Universidade de Granada daría a coñecer a información da orixe do mariño, a raíz da investigación do seu ADN. Mais, ao fin deberemos esperar até o 12 de outubro para desentrañar este misterio.

O alumnado de 2º ESO e 3º ESO A debatiron en pequenos grupos cal sería a orixe do navegante: XÉNOVA, GALICIA (Pedro Álvarez de Soutomaior), NAVARRA, ALCARRIA, MALLORCA (Bastardo do Príncipe de Viana), PORTUGAL, CERDEÑA??

O misterio sigue vivo, mais o noso alumnado fixo un bo traballo defendendo todas as posibles teorías. Parabéns para elas e eles!!!