Saltar navegación.
Inicio

Federico Fernández, un Premio Nacional de Ilustración, no IES Val Miñor.

Hoxe, 22 de outubro de 2021, visitounos Federico Fernández que entre outros galardóns, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 por "¿Dónde perdió Luna la risa?.  A súa charla estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato matriculado en Debuxo Artístico. Dámoslle as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración para que esta visita se puidera realizar e a Federico polo seu bo facer, a súa  humildade e a súa profesionalidade.