Saltar navegación.
Inicio

Cultura culinaria: Publicada a receita do Roscón de Camos!

O Concello de Nigrán vén de publicar unha guía que se estrea en Fitur na que se publica a a receita do prestixioso doce de KopenaCamos:

  • 1200 gr de fariña
  • 1 Kg de azucre
  • 6 ovos
  • 200 ml de anís
  • 1 kg de manteca
  • Lévedo
  • Froitos confitados

Alfonso Valverde revelou a receita:

Mesturamos a auga coa metade da fariña e o lévedo. Logo engadimos o azucre, os ovos, o anís e  o resto da fariña, amasamos e finalmente poremos a manteca e voltaremos a traballar a masa.

Despois de deixalo medrar durante 45 minutos, pesámola e dividímola segundo o tamaño e forma que queiramos. Tralo repouso facemos a trenza ou rosca e voltamos a deixalo levedando unha hora máis. Antes de metelo no formo pintarémolo con ovo e porémoslle froitos confitados.

Finalmente o forneado, que faremos a 180 graos de 30 a 40 minutos.

Esta é a famosa receita do bolo que se fai na panadería dende 1920, unha tradición familiar que se realiza de xeito artesanal e sen mellorantes artificiais.

Sen dúbida un dos postres preferidos da nosa cultura gastronómica local!