Saltar navegación.
Inicio

O lecer en Nigrán no século XX: chamado á veciñanza do Val Miñor

O alumnado de 3ºESO PMAR fai un chamado de colaboración á veciñanza do Val Miñor para afondar no seu proxecto de investigación sobre o lecer en Nigrán durante o século XX.

Procuramos fotografías e testemuños sobre os locais de ocio onde se divertía a nosa xente, así como as historias que alí xurdiron. Esta investigación, dentro do Proxecto Didáctico Antón Fraguas,trata de salvagardar a memoria colectiva destes lugares e da xente que os frecuentaba.

Se tedes fotos antigas destes lugares (salóns de baile, salas de festas, Vanitas, os cines...) ou lembranzas propias e familiares, pregámosvos que nolas fagades chegar ou vos poñades en contacto con nós:

correo elecrónico: lecerdenigran@gmail.com
notas de voz/fotos Whatsapp: 621249537