Saltar navegación.
Inicio

Recollida de lixo en Praia América, xornada de sensibilización ambiental

O alumnado de 3º de ESO participou o pasado 24 de marzo nunha xornada de limpeza no areal de Praia América. A actividade, xa habitual na programación de actividades complementarias do centro, é organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co Concello de Nigrán.

A actividade desenvolveuse dende a desembocadura do río Muíños ata o extremo de Monte Lourido. O alumnado traballou en equipos para poder facer un varrido de todo o areal. Dentro desta acción de limpeza cabe destacar que se retiraron redes e cordas enredadas así coma numerosos fragmentos de plástico de diversos tamaños de difícil identificación.

     

Dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía buscamos a sensibilización do noso alumnado para repensar o modelo económico de producir, usar e tirar no que estamos inmersos como sociedade e tratar de cambialo a un modelo circular no que os residuos se reintegren no sistema coa finalidade de conservar e protexer os nosos ecosistemas.