Saltar navegación.
Inicio

BANCO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Benqueridas familias:

A ANPA do IES Val Miñor porá en marcha un banco de libros de texto para o curso 2023-2024 do que poderá beneficiarse todo aquel alumnado cuxas familias sexan socias da ANPA (tanto o dos cursos pares, como o dos impares).

Os libros entregaranse en modalidade de empréstito e cada curso solicitarase unha pequena cantidade por libro, a fondo perdido, que permita que o banco de libros sexa sustentable no tempo.

As familias que no actual curso escolar teñades os vosos fillos/as escolarizados nos cursos impares poderedes, se queredes, doar á ANPA os seus libros de texto. Por cada libro doado recibiredes en empréstito un libro do curso 2023-2024 de balde.

FICHA PARA FACERSE SOCIOS CLICA

Nota importante : A cota de socio de 15 euros por familia aboarase exclusivamente a través da conta do ANPA, indicando no concepto o nome dos vosos fillos/as e os dous apelidos.

ES63 2080 5052 1730 0016 3569

AdxuntoTamaño
ANPA_BANCO_LIBROS.pdf189.3 KB
ANPA_FICHA_SOCIOS.pdf689.56 KB