Saltar navegación.
Inicio

BANCO DE LIBROS DA ANPA: INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR E PAGAR OS LIBROS

Benqueridas familias:

 Xa podedes acceder a AMPA FÁCIL para solicitar os libros de texo para o curso 2023-24.

 A data límite para introducir as peticións de libros é o venres 25 de agosto. Non se tramitará ningunha solicitude máis aló desta data.

 

 IMPORTANTE: as familias que xa fixestes peticións, revisade o listado de libros solicitados, especialmente os de 1ª e 2ª Lingua Estranxeira, detectáronse erros. 

Revisade tamén que tedes rexistrados a todos os vosos fillos no curso correcto. 

Unha vez feita a petición, realizade o pago indicando no concepto o número de familia e os apelidos do/s alumno/s. Na páxina de inicio de AMPA FACIL figurará o resumo dos vosos datos co saldo a pagar,  e o número de conta da ANPA.  

Se algunha familia fixo o pago da cota da ANPA e no saldo figura sen pagar, que contacte connosco, estamos tendo dificultades para identificar o pago dalgunhas familias. Podedes enviarnos un correo electrónico ao seguinte enderezo: 

anpaiesvalminor@gmail.com ou un Whatsapp ao teléfono da ANPA: 691 37 39 54