Saltar navegación.
Inicio

ÚLTIMA OPORTUNIDADE PARA UNIRSE AO BANCO DE LIBROS DA ANPA

As familias que por algún motivo quedaron fóra do BANCO DE LIBROS DE TEXTO DA ANPA e queiran incorporarse, deberán asistir á reunión que se celebrará o vindeiro MARTES 12 ás 20:00 horas no Salón de Usos Múltiples do instituto IES VAL MIÑOR. Se aínda non son socias da ANPA, deberán levar cuberta e asinada a FICHA DE SOCIO, que se poden descargar no seguinte enlace da páxina web do instituto: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalminor/?q=node/1459#attachments Antes da reunión, as familias deberán informarse sobre as materias nas que están matriculados os seus fillos (no curso correspondente). Na reunión indicaremos cales destas materias teñen o seu libro de texto dispoñible no BANCO DE LIBROS. NON deben asistir a esta reunión os socios da ANPA que xa rexistraron as súas solicitudes de libros. En breve comunicaremos por MAIL e ABALAR as instrucións e datas de entrega. Calquera dúbida e consulta que teñades as podedes dirixir ao mail da ANPA anpaiesvalminor@gmail.com