Saltar navegación.
Inicio

Río Muíños, estudo dun ecosistema fluvial

O pasado martes 21 de novembro, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía e PDC, realizaron unha saída ó río Muíños para estudar as principais características do ecosistema fluvial.

 

Nun percorrido de 500 m aproximadamente, describíuse a vexetación e as carcaterísticas xerais do cauce, incluindo todos aqueles elementos que constitúen unha agresión ó ecosistema fluvial (aliviadeiros, colectores, construcións, refugallos, contaminación acústica...). Con toda esta información elaborouse un croquis do tramo estudado do río .

 

 

Empregando diferentes metodoloxías estudouse:

   - A calidade hidromorfolóxica.

 

 

Describíuse o hábitat, o bosque de ribeira, , o caudal e as alteracións.

   - A calidade fisicoquímica.

 

 

Medíuse a temperatura da auga, o pH, a concentración de nitratos, a concentración de osíxeno disolto e a transparencia da auga.

   - A calidade biolóxica.

Tomáronse mostras dos macroinvertebrados e describíuse a biodiversidade

 

 

 

 

   - Restos patrimoniais.

Pontes e elementos de uso tradicional.

Esta actividade encádrase dentro da participación do IES Val Miñor no Proxecto Ríos e forma parte do conxunto de actividades propostas dentro do Plan Proxecta.