Saltar navegación.
Inicio

PROBA DE CERTIFICACIÓN LINGUA ESTRANXEIRA INGLÉS ALUMNADO DE 4º ESO E BACHARELATO

Convocatoria de reunión informativa para o luns 26 de febreiro ás 18:20 en usos múltiples. Para a realización do pago restante da matrícula das certificacións B2 e C1 agradeceriamos que se realizara preferiblemente en efectivo o día da reunión.

As probas de certificación de Cambridge para os niveis B1 Preliminary for Schools , B2 First for Schools e C1 Advanced realizaranse:

Lugar de realización das probas: IES Primeiro de marzo - Baiona

Datas:

  • B1 Preliminary for Schools y B2 First for Schools: sábado, día 13 de abril - plazo de peche de matrícula o 29 de febreiro 2024.
  • C1 Advanced: 13 abril (parte oral), sábado, 20 de abril (resto das probas) - plazo de peche de matrícula o 12 de marzo 2024.

A continuación detallamos os prezos de cada convocatoria:

B1 Preliminary for Schools .- 100 euros (cuberto na súa totalidade pola axuda)

B2 First for Schools .- 173 ( o alumnado debería de aboar 73 euros )

C1 Advanced .- 185 ( o alumnado debería de aboar 85 euros)

Estes prezos son os que ofrece a institución seleccionada polo centro que realizará as probas. Manterán ese mesmo prezo para o alumnado que non  saíra seleccionado no sorteo. A modo informativo os prezos de mercado, sen desconto, das probas serían aproximadamente os seguintes: B1 120 euros, B2 203 euros,  C1 220 euros.