Saltar navegación.
Inicio

En Nigrán tamén se fala!

En Nigrán tamén se fala galego!

60 Alumnos de 4o da ESO do Ies Val Miñor participan na campaña de promoción de promoción da lingua galega entre o comercio local.

O proxecto Aquí Tamén Se Fala xurdiu o curso pasado no Ies Rafael Dieste da Coruña e procura rachar cos prexuízos que invisibilizan a lingua galega. A rapazada exerce de dinamizadora da lingua visitando todo tipo de establecementos que traballan de cara ao público e queiran colaborar, para o cal deben colocar un cartel deseñado co lema “Aquí Tamén Se fala Galego” e facerse unha foto que se promociona nas redes sociais da campaña e na web do centro.

Neste curso sumáronse á iniciativa máis de 180 centros de ensino de toda Galicia, de xeito que abrangue todo o territorio. En Nigrán non quedamos atrás e saímos á rúa o 27 de febreiro desde o Ies Val Miñor. A rapazada de 4oESO visitou cafetarías, froitarías, carnizarías, estancos, tendas de pesca, veterinarias... e obtivo unha moi boa acollida (salvo estrañas excepcións). Case un cento de locais foron os que se sumaron á campaña de promoción do galego nesta primeira xornada nos núcleos de Nigrán e Panxón. Agora a rapazada vai continuar co traballo de dinamización organizándose en equipos para visitaren os comercios das nosas parroquias.

Porque en Nigrán tamén se fala! Velaquí un adianto: 

 

E tamén saímos na prensa:

FARO DE VIGO

VIGOÉ

VAL MIÑOR TV

TELEMARIÑAS