Saltar navegación.
Inicio

DÍA DE PI // SEMANA DAS MATEMÁTICAS

Hoxe celebramos o Día de Pi (3/14), Día Internacional das Matemáticas, inaugurando A SEMANA das MATEMÁTICAS do IES VAL MIÑOR, que durará ata o vindeiro xoves 21 de marzo.

Cada ano, a Unión Matemática Internacional, quen lidera o proxecto do “Día Internacional das Matemáticas” (idm314.org), propón un tema para fomentar a creatividade ao redor das matemáticas e estimular a participación. O tema para 2024 é: "Xogando coas matemáticas". De acordo co tema seleccionado este ano, durante os dous recreos de cada día e ata o vindeiro xoves, organizaranse na Biblioteca do centro obradoiros e xogos dirixidos polos nosos monitores: estudantes de 1º e 2º de ESO.

Ao longo desta semana iremos actualizando as nosas canles de Instagram (www.instagram.com/depmatvm) e Youtube (www.youtube.com/@depmatvmcon fotos e vídeos do que aquí fagamos. Subscribirvos e dádelle likes ;)