Skip to Content

Taboleiro

Entrega notas xuño 2018

O ALUMNADO RECOLLERÁ AS NOTAS O LUNS 25 ÁS 11:00

Pases interrail gratis.

A Unión Europea vai regalar 15.000 pases de  INTERRAIL GRATIS. As condicións son estas:

  • Ter 18 anos (data de referencia 1 de Xullo.
  • Ter a nacionalidade dalgún  delos 28 membros da UE.
  • Pódese aplicar individualmente ou en grupos ata 5.
  • Solicitude  Online do 12 ao 26 de Xuño 2018.
  • Os Gañadores do  Interail gratis serán notificados por correo en xullo.
  • A viaxe debe ser entre xullo e setembro 2018.
  • Duración de entre 1 e 30 días.
  • A web oficial para inscribirse é esta:http://www.youdiscover.

Xornadas de formación para as familias.

 Dende o CEIP Manuel Bermúdez Couso e o IES Xermán Ancochea Quevedo, estamos pensando na iniciativa de poñer en marcha unha escola de nais e pais. As escolas de pais e nais funcionan como un lugar de encontro, de intercambio e de posta en común de distintas experiencias, co fin de mellorar os aspectos que condicionan o desenvolvemento do alumnado.

Entre algún dos obxectivos destas escolas de pais e nais atópanse: contribuír a establecer unha vía de comunicación e conexión entre a escola e a familia, ou servir de vía de revisión e aprendizaxe para as familias nos temas relacionados coa educación dos fillos e fillas.

Para poñer en marcha esta iniciativa, no curso actual pretendemos organizar unhas xornadas de formación para as familias sobre contidos que consideramos importantes no panorama educativo actual. Por este motivo, convocámosvos a unha primeira actividade que terá lugar o luns, 7 de maio de 2018, ás 16:00 horas no salón de actos do IES Xermán Ancochea Quevedo, cunha charla sobre a prevención dos riscos derivados do consumo de drogas e alcol por parte dos menores.

En datas próximas, está previsto darlle continuidade a estas xornadas con outras dúas actividades:

  • Charla sobre coeducación e o fomento da igualdade de dereitos e deberes entre mulleres e homes no contexto familiar.

  • Obradoiro sobre actividades de lecer en familia.

Asimesmo, na proposta de próximos contidos a tratar tamén teremos en conta todos aqueles temas relacionados co ámbito educativo e familiar que demanden as persoas asistentes.

"Prepárate para ter éxito na universidade: técnicas e estratexias para obter o mellor rendemento académico".

Curso online dirixido a estudantes de bacharelato e universitarios interesados en obter bos resultados na universidade.
 
Duración: 75 horas que poden realizarse de maneira relaxada e flexible desde o 1 xullo ata o 15 de outubro de 2018.
 
Prezo: matrícula ordinaria 350 €. Desconto do 48 % para menores de 20 anos e alumnos da UNED: 180 €.
 
MATRICULA ONLINE na web da Fundación UNED.
 
O curso ten recoñecidos 2 créditos ECTS.
 

Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados.

 Obxecto: Axudas para a participación nas actividades programadas no programa "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalaxara) durante o verán de 2018.

 Benficiarios: alumnado de centros docentes españois que cursen 3º e 4º de Ensino Secundario Obrigatorio e Formación Profesional Básica, Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato e de Seccións españolas en centros doutros países membros da Unión Europea.

 En calquera caso, a idade máxima de participación da convocatoria será de 18 anos cumpridos en 2018.

 Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será desde o 25 de marzo ata o 23 de abril de 2018.

 Documentación:

  • Impreso oficial da solicitude obtido a través do enchemento da solicitude na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (https://sede.educacion.gob.es) debidamente asinado polo solicitante e no caso do alumnado menore de idade, co visto e prace do pai, nai ou titor.

  • Certificación académica coas cualificacións obtidas no curso 2016-2017.

  • Certificación dos estudos nos que o alumnado está matriculado no curso 2017-2018 expedido polo secretario do centro de estudos ou xefe de secretaría.

 En casos excepcionais, e só cando iso proceda en razón dalgunha característica persoal, social ou familiar relevante, informe do titor ou profesor do alumno co visto e prace do Departamento de Orientación do centro, sobre as circunstancias persoais que aconsellen a súa participación no Programa, de acordo co Anexo II.

 No seu caso, fotocopia do carné de MUFACE.

Máis información.

Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018.

A través desta convocatoria, a Consellería de Cultura educación e Ordenación Universitaria, regula o procedemento para realizar os exames encamiñados á obtención tanto dos carnés como de calquera outra habilitación profesional necesaria no ámbito da seguridade industrial.

+información.

Actividades para pais e nais


Visionado de vídeo e posterior debate sobre:

“A sociedade ante a educación e o comportamento dos menores”

Data: Martes 15 de Marzo de 2016

Hora: 16:00

Lugar: Biblioteca do IES Xermán Ancochea Quevedo

Incluído dentro das actividades do Club de Lectura.

Conferencia

Mitos y realidades de internet:
“Lo que se debe enseñar a los hijos sobre Internet”

Impartida por:

  • Don Xosé Manuel Domínguez Prieto
    Doutor en Filosofía, Director do Instituto da Familia de Ourense e profesor do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
  • Don Carlos Ferreiro García
    Doutor en Matemáticas, especialista en novas tecnoloxías, membro do Instituto da Familia de Ourense e profesor do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives

Data: Mércores, 30 de marzo de 2016

Hora: 17:00

Lugar: Salón de actos do IES Xermán Ancochea Quevedo

Lista de admitidos no fondo solidario de libros

Dende o día de hoxe 7 de xullo, os/as alumnos/as que solicitastes libros do fondo solidario, podedes consultar o listado de adxudicacións nos taboleiros do centro ou en secretaría.

Exames setembro curso 2014-2015

  Martes 1-IX Mércores 2-IX Xoves 2-IX
08:30-10:00 Matemáticas ESO
Matemáticas Bach
Matemáticas (ESO Pendentes)
Inglés (ESO Pendentes)
Historia de España Bach
Tecnoloxía ESO
Filosofía Bach
Ciencia e sociedade FPB
10:15-11:45 Lingua castelá ESO
Lingua castelá Bach
Xeografía Bach
Ins. Elé. Dom. FPB
Lingua galega ESO
Lingua galega Bach
Grego I Bach
His. mun. cont. Bach
Cien. terra e amb. Bach
Eq. elé. elé. FPB
12:00-13:30 Inglés ESO
Inglés Bach
CSXH ESO
CCNN ESO
Física química ESO
Bioloxía e xeoloxía ESO
Bioloxía Bach
Ciencias aplicadas FPB

Física Bach
Química Bach
Latín I Bach

16:00-19:00 Educación física ESO
Educación física Bach
  Música ESO
Música Bach

O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015 gañan en Toulouse

A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Garda), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais 2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matematico sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier de Toulouse. Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut